mércores, 4 de marzo de 2015

PROXECTO DRAGAL: VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO NOSO INSTITUTO

Por segundo ano consecutivo está en marcha o Proxecto Dragal, no que participa o IES de Becerreá  a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Trátase dun programa multidisciplinar de animación á lectura e de creación en galego coas tecnoloxías da información e da comunicación que parte da triloxía homónima da escritora Elena Gallego Abad.
Este curso, Dragal chega a 659 alumnos e alumnas de primeiro e segundo curso da ESO de 11 centros educativos das catro provincias galegas. Nel están directamente implicados máis de 55 docentes.

Centros participantes no Proxecto Dragal 2014-2015 
IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)
CPI Virxe da Cela (Monfero)
IES da Pobra do Caramiñal
CPI da Cañiza
IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa)
IES de Valga
IES Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)
IES Xesús Taboada Chivite (Verín)
IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia)
IES Alfoz-Valadouro (Lugo)
IES de Becerreá

 Velaquí o vídeo de presentación do noso Instituto: