martes, 21 de maio de 2019



LEMBRANDO A ANTÓN FRAGUAS


Exposición Antón Fraguas IES de Becerreá.


A semana conmemorativa dedicada a Antón Fraguas no IES de Becerrá, transcurreu con actividades relacionadas coa vida e obra do autor, desenvoltas dende distintas materias ao longo de varias xornadas. A exposición sobre o autor, realizada no centro, permaneceu no vestíbulo durante varios días, próximos ao Día das Letras Galegas.



Alumnado de 4º da ESO traballando
en actividades de Antón Fraguas.
Alumnado de 3º da ESO traballando
en actividades de AntónFraguas.
     




















luns, 13 de maio de 2019




A escritora galega Marica Campo, visita o IES de Becerreá

Marica Campo no Salón de Actos do IES de Becerreá

O luns, 13 de maio, visitou o IES de Becerreá a escritora galega Marica Campo. Alumnado de 5º e 6º de Primaria do Colexio de Becerreá, e o propio alumnado do centro, asistiron a esta cita na que a escritora amosou aos asistentes, que a lectura e a literatura coma arte, ábrennos a porta a viaxar a lugares descoñecidos, imaxinar, coñecer e, segundo Marica lle comentou aos rapaces "fainos máis listos, un bo truco para ser máis lonxevos". A evolución do ser humano a través da linguaxe e a comunicación foi o fío conductor desta charla, un percorrido pola evolución da humanidade, que levou a Marica a falar da figura do escritor como creador e coma xuíz, como a escritora apuntou,"quen escribe, pode asistir á xustiza poética". Para rematar, a escritora falounos da súa obra e respondeu as preguntas dos asistentes, que quedaron encantados, e que puideron darlle a Marica os seus libros para asinar.


Sinatura de libros.

Asistentess da charla fotografiados con Marica Campo.

Marica Campo na charla.
   
            Marica Campo na charla.


AQUÍ podes ver algunha foto máis do acto.


GRAZAS A MARICA CAMPO POLA SÚA VISITA.






mércores, 8 de maio de 2019


O Alumnado de 4ª da ESO participou no Correlingua 2019



Alumnado de 4ª da ESO asistente ao Correlingua 2019
Como cada ano, o alumnado do IES de Becerreá, concretamente o de 4º da ESO, sumouse a esta carreira pola lingua, en defensa do galego, baixo o lema "O GALEGO É A FÓRMULA". A xornada, que transcurreu acopañada de vento e choiva, non causou o desánimo dos participantes, que percorreron a Muralla de Lugo, entre risas, cancións, e animadas charlas. A chegada á praza da Catedral, estivo marcada pola defensa da lingua coa lectura do  Manifesto. Para rematar  alumnado de primaria interpretou un RAP, e os participantes puideron disfrutar dun concerto do Monoulious DOP,  

Alumnado de 4º da ESO cos Monoulious DOP
O alumnado de Becerreá ademais dos agasallos correspondentes, recibiu o diploma, que foi recollido por Lexo e Paula.

Lexo e Paula na entrega de Diplomas.