xoves, 9 de abril de 2020


No IES de Becerreá lembramos a Rosalía de Castro dende o confimamento

No Instituto de Becerreá deidimos que non iamos parar aínda quedando na casa, e dixemos como Rosalía: “Adiante compañeiros, toda a terra é nosa”.

Alumnado e profesorado do IES de Becerreá fixeron conxunto, cadaquén dende o seu agocho, para recitar a obra de Rosalía e xurdiu esta lectura colectiva do poema “Por que, miña almiña?”de Follas Novas materializada neste vídeo.

Por que aínda que nós quedamos na casa, seguimos adiante lendo a Rosalía.






PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO

AGRADECER A TOD@S   OS PARTICIPANTES, E PARABÉNS POLO  TRABALLO



mércores, 1 de abril de 2020


Ainhoa Fernández Castro, alumna de 4º da ESO   do  IES de Becerreá, amósanos a importancia do rural, e o amor que ela sente por Galiza 


Ainhoa Fernández Castro.
Debido á  crise do COVID-19  Ainhoa pensou  no afortunados que somos no rural, e no importante de poñer en valor todo o  que temos, vivindo na montaña. Ainhoa  quixo expresar abertamente o seu sentemento de amor á terra, e a todas  as costumes e forma sinxela de vivir da xente da montaña.

Realizou un vídeo con dous  poemas  da exalumna  Andrea  Valle, titulados "Gandeiriñas" e "Galiza", que son tamén unha  homenaxe a  todas as mulleres  que traballan no campo e nas granxas.

Para que valoremos o  que temos, e en homenaxe ás mulleres do campo   disfrutade deste fermoso traballo.




PREME PARA VER O VÍDEO