Rebeca Losada visita o IES de Becerreá
A actividade na que participaron o alumnado de 3º, 4º ESO e dúas alumnas de
2º de BAC parte do programa IlustrarNÓS da área de Cultural da Deputación de Lugo,
unha actividade coa que achegar a ilustración aos centros escolares de primaria
e secundaria da provincia a través do fomento da creatividade. A idea é achegar ás xeracións
máis novas o traballo de creadoras e creadores galegos neste eido.
O estudantado formouse
coa charla a cargo da ilustradora Rebeca Losada, que visitou o centro o
9 de abril.
Rebeca naceu en Lugo en 1982 é ilustradora e deseñadora.
Actualmente reside en Madrid.
Bióloga de profesión, con 26 anos cambia o mundo
científico polo das artes apostando pola súa gran paixón: debuxar. Centra a súa
actividade no mundo textil e editorial pero o seu amor pola música a leva a
realizar numerosas portadas de discos e cartaces para diferentes artistas (Xoel
López, Love os Lesbian, Rozalén, Vetusta Morla, Wilco...) ou locais de
referencia como O Náutico de O Grove.
Da música da o
salto ilustrando múltiples eventos como festas populares ou festivais (festas
de Maria Pita 2022 en A Coruña ou festas de Nadal 2022 de Santiago de
Compostela), campañas publicitarias (Ecologistas en Acción), colaboracións con
ongs internacionais (Save a Girl ou IMBALA) ou campañas en colaboración co
consulado de España en Jerusalem ou Israel. Isto acabará por convertela nun
referente no deseño gráfico de pósters e a realizar numerosos talleres e
exposicións polo ámbito nacional. Unha das últimas este pasado verán na Casa
Museo de María Pita de A Coruña.
Recentemente é
seleccionada por Meta como gañadora da campaña #apoiamosasboasideas.