De Becerreá a Padua (Italia) co galego.
Na Universidade de Padua, no norte de
Italia, está en marcha un lectorado de lingua galega impartido por unha
ex-alumna do noso Instituto, María Pardo. Postos en contacto, decidimos iniciar
un intercambio cultural que permita ao alumnado de Padua coñecer aspectos da
nosa cultura e lingua e a nós estar en contacto con eles, coñecer a
experiencia de persoas que sen ser galegas e lonxe de aquí, están interesadas
en aprender o noso idioma.
Para isto iniciamos a experiencia cun
vídeo onde o alumnado de 1º da ESO conta lendas da comarca dos Ancares.
Continuaremos con esta interesantísma
experiencia. Ciao. Saúdos.
UNHA LENDA INTALIANA MOI SEMELLANTE Á NOSA DAS PONTES DE GATÍN
Ola chamome
Federico e teño una lenda moi semellante ào conto da ponte de Gatìn. È la lenda
da Ponte del Diavolo, a Ponte do demo.
Eu vivo en Italia
do Norte e naceu nunha cidade que se chama Cividale, na Rexión do Friuli
Venezia Giulia.Nesta cidade hai un río bastante grande, chamase Natisone.
durante a Idade Media os habitantes tiñan que cruzalo nuns barcos. para ir mas
facilmente aos outras aldeas costruiron moitas pontes de madeira.Pero estas
pontes rompian nos dìas de moita enchenta.E non se podía tamén construir unha
ponte de pedra porque o rio era moi profundo. O problema maior era atopar e
traer unha pedra bastante grande como base da ponte.
Entón, un día os
habitantes foron a chamar o demo que
habitaba nunha gruta ao lado do rìo e fixeron un pauto con el: “eu
costruirei unha ponte de pedra alto e robusto a cambio da primeira ánima que
cruzerá a ponte” dixo o demo. O día seguinte a muller do demo trouxo unha pedra
xigantesca no avental e púxoa no leito do río Natisone para que a ponte poidase
ser construida. Nos meses seguintes os habitantes construiron a ponte e
chamarono Ponte del Diavolo.
Entón o demo
quixo a cambio a ánima da primeira persoa que cruzase a ponte.
Cerca de alí,
había un neno que xogaba cun pequeno animal : algunos din que era un can,
algunos que era un gatiño como na lenda da ponte de gatín e algunos din que era
un porco (un porco porque o neno tiña que chegar ao mercado de Cividale para
vendelo.). Miña avóa contabame que o neno xogaba cun can pequeno e que esto
cuzo escapoulle. O can espantouse por que todos os habitantes de Cividale eran
nos lados da ponte para atopar alguen que se sacrifícase polo pauto co demo.
Fuxindo o couzo cruzou a ponte: a premeira ánima foi así un pobre can e o demo
foise anoxado.
T
Ningún comentario:
Publicar un comentario