CELEBRACIÓN DO NADAL
O Nadal no IES de Becerreá é máis cun simple festexo.
O Equipo de Dinamización Lingüística coa Dirección do centro coordinan esta festividade, na que participa toda a comunidade educativa, como manda a tradición no noso instituto, comida e música mesturáronse na xornada de festa do xoves 21 de decembro. Entrañable xornada festiva para dar comezo a unhas vacacións e poder desexarvos boas festas, esperando que o 2018 sexa o máis afortunado posible. Grazas pola planificación e pola participación de tod@s vós.
Chocolatada Grupo musical do IES "Obertura Galega
Comenzan
as celebracións ás 12:00, despedida do ano 2017 coas badaladas de
rigor e os 12 "Lacasitos". A continuación, Chocolatada e Roscón de
Reis.
Polo serán deu
comezo o Concerto de Nadal organizado polo departamento de Música. O grupo de músical do centro “Obertura Galega" foi o encargado de abrir o acto. Finalizadas as actuacións dos distintos grupos, deuse paso a un
participativo concurso de Karaoke.
Concerto de Nadal
Concurso de Karaoke
Bo Nadal a tod@s
Ningún comentario:
Publicar un comentario