V PREMIO IES DE BECERREÁ Á
PROMOCIÓN DA LINGUA E A CULTURA GALEGA
NA COMARCA DOS ANCARES
Fuco
Pérez e Xavier Moure , Premiados na V Edición do Premio da Lingua e da Cultura galega do IES de Becerreá
Celebramos no salón de actos do IES de Becerreá a quinta edición do galardón creado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso
centro, cuxo acto de entrega tivo lugar o xoves 21 de xuño, coa asistencia e
intervención dos doas representantes premiados; Xavier Moure, pola súa labor na
Asociación cultural Patrimonio dos Ancares ( na categoría de persoas,
asociacións, entidades ou colectivos involucrados ou que traballen directamente
no labor cultural), e na categoría de iniciativas privadas, empresariais ou
comerciais atribuíselle o premio a Fuco Pérez pola “ Casa Museo do Sexto”.
Asistiron ao acto a comisión creada para este fin, o alumnado e docentes do centro, familiares dos premiados, o equipo
directivo e veciños da comarca que se acercaron a este tan emotivo acto.
Nesta
ocasión, as pezas da artesanía entregadas como galardón eran dúas fontes feitas
a torno elaboradas polo artesán da zona Ignacio
Gómez
Abrao. O acto foi moi emotivo.
Premiados, maila comisión do Premio |
VÍDEO DO ACTO
Ningún comentario:
Publicar un comentario