SAMAÍN 2018
O 31 de outubro tivo lugar unha lúdica celebración do Samaín conducida polo alumnado de 4º e 1º da ESO, na que a cultura e a diversión foron protagonistas
Alumnado e profesorado participante no Túnel do Terror |
Foron moitas as actividades e a colaboración de toda a comunidade educativa no Samaín 2018
O alumnado de 4º da ESO foi o encargado da decoración do vestíbulo do centro. Nesta actividade colaboraron o departamento de Tecnoloxía, Plástica, Orientación, e a Titoría de 4º da ESO. O alumnado de Tenoloxía elaborou unha terrorífica noiva defunta con sensores, que resultou unha atracción para todos.
Decoración Samaín 2018
A titora de 1º da ESO e o alumnado deste curso, realizaron unha presentación do Samaín no que se reflicte a súa orixe e evolución a través do tempo. Ademais o alumnado de 1º da ESO presentou uns relatos de terror que realizaron en Lingua Galega. O Departamento de Lingua Extranxeira tamén se sumou deleitándonos cuns Poemas Góticos, en inglés, que recitaron as alumnas de 4º da ESO, para todo o Instituto.
PREME PARA VER O VÍDEO
Vídeo actividades 2018 Corredor do terror
Pero non remataron aquí as actividades, xa que o alumnado de 4º da ESO organizou un Corredor do Terror na planta baixa do edificio novo do centro, que se decorou e que resultou do máis divertido e terrorífico. Os actores deste corredor foron os propios alumnos de 4º da ESO e profesores caracterizados de diferentes personaxes de terror. A decoración incluía efectos especiais de son, luz , fume, que ambientaron o centro coma se dunha terrorífica película se tratase.
PARABÉNS a todos os participantes e colaboradores desta actividade, que fixeron deste día un Samaín moi especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario