ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ VISITA NO CORGO OS RESTOS DE VÍA XIX
|
Javier Gómez xunto con profesorado e alumnado do IES de Becerreá. |
|
Conferenciante explicando a Vía Romana XIX. |
|
Fito integrado nun muro tradicional. |
O alumnado de 3º de ESO, que está a participar no Proxecto Vía Romana XIX do IES de Becereá, desprazouse ao Corgo para visitar sobre o terreo restos da vía romana XIX. No Corgo foron recibidos polo historiador Javier Gómez, profesor do IES Ollos Grandes de Lugo, e Doctor en Historia e Arqueoloxía pola USC, que logo dunha pequena explicación teórica no Centro Cultural, os guiou ata os restos da calzada romana, descubertos grazas as ivestigacións do Proxecto Vía Künig, da que Javier forma parte, e que actualmente os pon en valor.
O proxecto Vía Romana XIX do IES de Beceereá, que se está a desenvolver no centro, ten como obxectivo poñer en valor o noso patrimonio cultural e natural da comarca, e achegar ao alumnado as riquezas do seu entorno a través da metodoloxía de traballo por proxectos, tendo como eixo vertebrador a calzada romana, ao seu percorrido polos concellos dos Ancares.
|
Participantes facendo a ruta pola que descorre a Vía Romana XIX, ao seu paso polo Corgo. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario