Oliver Laxe premiado na VI Edición do Premio á Lingua e Cultura Galega na comarca dos Ancares do IES de Becerreá
Oliver Laxe recollendo "A Rebola", premio da VI Edición á Lingua e Cultura Galega na comarca dos Ancares. |
O cineasta parisino de orixe galego, foi galardoado pola súa significativa aportación á normalización da nosa lingua
O 14 de xuño , tivo
lugar no IES de Becerreá a entrega da “VI Edición do Premio á Lingua e Cultura
Galega na comarca dos Ancares”. Outorgado a Oliver Laxe pola súa labor á
promoción do galego, grazas á súa película “O que Arde” rodada nos Ancares, en
galego.
Esta edición
resulta especial por ter moito de mediática, sendo isto para o galego un feito
importante. A proxección internacional da nosa lingua grazas á rodaxe en galego
desta película, supón asentala coma lingua universal. Para o Equipo de
Dinamización Lingüística, o compromiso pola lingua e a cultura na nosa comarca, é unha obriga para todo o relacionado co ser galego.
Ao acto acudiron Pilar
Teijeiro, coordinadora dos Equipos de EDL de Lugo, Claudio Vázquez, Tenente de
Alcalde de Becerreá, a Comisión organizadora do Premio, a comunidade educativa,
veciños da comarca e diferentes medios de comunicación, que se fixeron eco da
noticia ese mesmo día.
Oliver Laxe puxo en
valor o enraizamento que os habitantes da comarca dos Ancares posúen, unha
fortuna que de seguro non somos conscientes, e que é incalculable dado a falta
de referentes e valores na sociedade actual. Para Oliver a xente da montaña
mestura dureza e dulzura, xente traballadora, que ten o esforzo e o traballo
inoculado. Aconsellou ao alumnado a que escollan o “camín difícil”, xa que
segundo Laxe, os mellores froitos dunha árbore están no lugar de maior
dificultade, e unha vez chegas a eles a vista dende arriba é abraiante. O
cineasta síntese nunha cruzada na que nos espera “no camín do futuro”, para
Oliver Os Ancares son un paraíso ao que hai que voltar, xa que nel se atópa o
futuro, co que temos un compromiso de vida.
VÍDEO DO ACTO
VI PREMIO DO IES BECERREÁ NA TVE
O artesán local Inazio Abrao, foi o encargado de realizar esta "Rebola" construida con madeira de castiñeiro. Inazio Abrao utiliza para as súas obras madeiras e materiais locais.
Foron moitas as persoas implicadas neste premio tan especial, o alumnado de Lingua Galega do IES de Becerreá participou neste acto, recitando a coro poemas de Toño Núñez, escritor nado en Navia de Suarna. O alumnado da "Escola de Prensa O Progreso" non quixo perder a oportunidade de entrevistar a Laxe, quen en todo momento se amosou cercano, entrañable, encantado de falar cos rapaces, e incluso de facerse fotos con eles.
Alumnado de Lingua Galega recitando. |
Jose Lexo e Tamara Simón entrevistando a Oliver. |
PREME AQUÍ PARA VER COMO SE RECOLLEU A ENTREGA DO PREMIO NA PRENSA
GRAZAS A OLIVER LAXE POLO SEU COMPROMISO COA LINGUA E A COMARCA, E POLA SÚA PRESENZA NO NOSO CENTRO
Ningún comentario:
Publicar un comentario