BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do
IES DE BECERREÁ
"A REBOLA"
xoves, 27 de febreiro de 2020
ENTROIDO IESDEBECERREÁ 2020
O alumnado de 4ª da ESO máis o pertencente ao EDL do centro organizaron o Entroido 2020
Exposición Entroido elaborada por Ainhoa, Alba, Elba e Zaira, membros do EDL do IES de Becerreá.
Como cada ano por estas datas, celebramos o Entroido con diversas actividades nas que todo o centro participa. Os encargados de organizar este venres de entroido foron tanto o alumnado de 4ª da ESO coma o alumnado do EDL do instituto, que fixeron un escelente traballo.
Para comenzar as actividades realizouse unha pequena exposición, na que se recollía a gastronomía de entroido, tan típica desta época do ano, despois das matanzas, cando o cocho está no seu punto xusto, aproveitamos para facer o cocido nas casas do noso alumnado que elaborou esta exposición con fotos e receitas propias. Ademáis a exposición tamén amosa os marabillosos doces de entroido, coas súas receitas, e reportaxe gráfico. Parabéns a Elba, Zaira, Ainhoa e Alba polas súas receitas e elaboración desta gastronomía de entroido, que se encarga de reunir a familias, amigos, veciños, etc.
Presentador, Arturo.
Presentadoras, Alba e Ainhoa.
O venres 21 tivo lugar o concurso de comparsas, nas que todos os cursos participaron, incluso o profesorado, que quixo concienciar co seu disfraz, do destrutivo que está a resultar a contaminación polo plástico nos océanos e nos seres vivos. As comparsas foron do máis animado destacando os premiados, que foron o alumnado de 1º de Bac con "First dates", "Polis e cacos" de 3º da ESO, "Tucha e Mucha" interpretadas por Fernanda e Mónica, e Jorge Rosón con Bad Gyal.
Parabéns para todos e todas, e para todos os participantes.
Xurado do concurso de comparsas., Borja, Zaira, Elba, Martín e Hector.
Para rematar a festa queimamos no patio do centro o tradicional Espantallo, que este ano personificaba a desigualdade, a xenofobia, a corrupción, o machismo, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario