NON SÓ MATA O VIRUS
BECERREÁ EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O IES de Becerreá manifesta o rexeitamento á violencia contra as mulleres compartindo con toda a comunidade educativa, e co Concello de Becerreá este vídeo realizado polo alumnado de 3º da ESO
Bicos
non consentidos, cambios físicos para atraer ao home, unha vida enteira
dedicada a limpar... A maior parte de contos infantís e tradicións coinciden en
dúas cousas: un mundo de fantasía e personaxes femininos secundarios.
Os
contos infantís outorgan ás mulleres papeis secundarios, pasivos e
caracterizados pola súa beleza. Mentres, os homes son valentes, salvadores e
fortes.
A maioría de contos infantís teñen dúas características comúns: desenvólvense
nun mundo de fantasía e os personaxes femininos son figuras pasivas e
secundarias. Un dos exemplos máis claros pódese atopar en 'A Bela Durminte',
esa historia na que unha fada malvada enfeitiza á filla do rei e a condena a
tocar o uso dunha roca (coser é algo ao que ningunha muller se resistiría), e a
quedarse profundamente durmida ata que un príncipe lle dea un “bico de amor verdadeiro”,
curiosa expresión.
De
pequenas ensináronos que o «amor verdadeiro» é aquel no que unha parella se
quere e respecta un ao outro; non no que el che dá un bico sen o teu
consentimento e ¡sen cruzar unha palabra antes!, pero tamén aprendemos a non
ter que esperar a que ningún príncipe nos resolva a vida.
As
«malas» dos contos infantís adoitan perseguir un obxectivo: a beleza. Ese é o
motivo para facerlle a vida imposible á fermosa princesa.
Os
contos infantís teñen un gran compoñente machista nas súas historias, algo que
é fácil identificar se se presta atención aos roles que exercen as figuras
masculinas (os protagonistas que exercen a acción), e as femininas (seres
secundarios e pasivos). «Eles son os que triunfan superando todos os obstáculos
e elas son as rescatadas. Non son só escenas ou detalles, é a formulación
xeral».
Estas
historias en realidade reflicten a esencia da época na que se inventaron; con
todo, resistiron ao paso do tempo e chegaron ata os nosos días. Os nenos e
nenas len e ven estes contos nos que aparecen estereotipos de xénero que poden
dificultar que os máis pequenos se proxecten noutros modelos diferentes.
Pero
o machismo nos contos infantís non se atopa unicamente nas historias de
príncipes azuis. Grandes títulos como 'A ratiña presumida' reducen á figura
feminina a un simple e fermoso aparello de limpeza. Hai que recordar que a ratiña
estaba limpando, como de costume, e atopouse unha moeda coa que, por suposto, puidera
mercar un precioso lazo para ser a máis bela da cidade e conseguir marido. Tiña
tantos pretendentes que tivo que realizar algún descarte, finalmente casouse
cun gato que evidentemente intentou comela ,e ademais matala.
Haberá
quen escuse estas historias dicindo que se desenvolven nun mundo utópico no que
só importa o poder do amor. Afortunadamente na actualidade estes universos de
fantasía parecen estar cheos de estereotipos erróneos, e os pais e nais esixen
historias nas que as mulleres teñan relevancia e non se limiten a ser meros
suxeitos pasivos aos que salvar.
Os
“clichés” dos contos infantís non son negativos só para as nenas, senón que os
personaxes masculinos; proxectan roles que son imposibles: homes belos,
valentes, fortes... Por non falar da nula existencia de personaxes do colectivo
LGTBI . Non hai unha soa referencia á posibilidade de que a un home lle atraia
outro home ou que unha muller poida estar con outra.
Nas
películas de Frozen prodúcese un cambio de roles: as protagonistas son dúas
mulleres e hai un home sensible que ocupa un segundo plano. Aínda así, Ana e
Elsa continúan tendo un aspecto físico estereotipado.
Empatizamos
máis con aqueles/as que máis se parecen a nós. Se as mulleres non temos
exemplos de mulleres valentes, protagonistas e independentes non poderemos
valorarnos na nosa xusta medida. Do mesma xeito que os homes, si non teñen referentes
como coidadores, sensibles e colaboradores en lugar de competidores».
Con
todo, todos estes contos forman parte da nosa infancia, crecemos con eles e,
aparentemente, non saímos tan mal. «O máis importante é ter coñecemento de
perspectiva de xénero si non é imposible velo. Unha vez que adquires ese
coñecemento podes identificar a desigualdade normalizada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario