O alumnado de Lingua Galega ofreceu un recital poético para conmemorar a apertura da exposición. |
O sete de outubro, o presidente da FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO, Anxo Angueira Viturro
presentou na praza do Concello de Becerreá a mostra a ceo aberto, que se pode visitar entre os días 4 e 17de outubro, está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Muse, e fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, converteuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle frontá vontade popular de recuperar esta Casa.
Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos, equipos de fútbol e innumerables asociacións de todo o país.
O alumnado de Lingua Galega do IES de Becerreá partricipou no acto de inauguración asistindo coma convidados á charla de Anxo Angueira, e ofreceron aos asistentes un pequeno recitado de poemas de Rosalía. Velaí a súa actuación.
PREME PARA VER A SÚA ACTUACIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario