O grupo de teatro Down Lugo representou no IES de Becerreá a obra 21/3.
Grupo de teatro Down Lugo. |
Os textos creados no taller de teatro, son eses retazos que unha vez cosidos cobraron vida. Xógase coa numeroloxía: 21 escenas en tres actos, 21 de marzo e o triple cromosoma 21. As imaxes, as atmósferas e os corpos son primordiais na posta en escena. Unha obra para enternecer, rir e chorar. Como a vida mesma.
O grupo formouse en decembro de 2004 a partir dun obradoiro de achegamento ao teatro que de inicio contaba con 7 participantes. No 2007 o grupo ampliou o seu número de membros consolidándose como tal. Na actualidade está formado por 16 actrices e actores afeccionados, todos eles con capacidades diferentes, de idades comprendidas entre os 22 e os 55 anos.
Ao longo da súa traxectoria, o Grupo de teatro Down Lugo representou obras como “Eu respecto as normas, e ti?”, “A viaxe da vida”, “Down Up”, “Sono dun día”, “O circo dos doce puntos”, “Amor”, “Montaxe de terror”, “Gritos”, “O clube da comedia viaria”, “O bar da esquina”, “Televisión”, “Dimes e diretes”, “Conto de Nadal”, “Ti te me deixas querer”, “Ó redor dunha camilla”, “Soños”, “Performance Soño” e “Soño dunha noite de verán”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario