O IES de Becerreá acolle a charla "Toponimízate" a cargo de Vicente Feijoo
O alumnado do IES de Becerreá colaborará no proxecto Galicia Nomeada
Vicente Feijoo, no Salón de Actos do IES de Becerreá. |
O día 19 de outubro tivo lugar no noso centro unha charla organizada polo Concello de Becerreá e desenvolta polo filólogo da Real Academia Galega (RAG) Vicente Feijoo, dentro do programa de promoción da lingua galega "Toponimízate", que está coordinado desde a RAG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O alumnado de 2º, 3º da ESO e 1º de Bac tivo a oportunidade de coñecer os rasgos xerais da toponimia galega en xeral e do seu valor como patrimonio inmaterial, ademais de obter información clarificadora da orixe dalgún dos topónimos do propio concello de Becerreá. A partir desta experiencia, o alumnado do centro, coordinado polo departamento de Lingua Galega, colaborará activamente no coñecemento e pervivencia da microtoponimia local a través da plataforma Galicia Nomeada
Ningún comentario:
Publicar un comentario