EDNL

EDNL
Equipo de Normalización Lingüística do IES de Becerreá

domingo, 23 de xullo de 2017

Premio 2017

O restaurante Villacol e Helena Villar Janeiro lembran que o galego serve para todo


O IES de Becerreá premiou a escritora e os donos da empresa hosteleira polo seu labor en defensa da lingua e cultura propias                                                      



                                               
Cuarta edición do galardón creado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro, cuxo acto de entrega tivo lugar o venres 9 de xuño, coa asistencia e intervención das dúas representantes premiadas; a escritora Helena Villar Janeiro na categoría de persoas, asociacións, entidades ou colectivos involucrados ou que traballen directamente no labor cultural. Na categoría de iniciativas privadas, empresariais ou comerciais atribuíselle o premio ao Restaurante     Villacol .


                                             Comisión Premio 2017
 O Premio IES de Becerreá a Promoción daLingua e Cultura Galegas na comarca dos Ancares ten como obxectivo recoñecer publicamente a implicación deses colectivos co idioma e a cultura propias

sábado, 22 de xullo de 2017

Letras Galegas 2017

Música e poesía pola lingua, en homenaxe ao día das letras galegas

Unha xornada adicada a coñecer mellor a Carlos Casares e a súa obra. Os alumnos de

Afondamento de Lingua Galega de 1º de BAC fixeron posible este acercamento co seu traballo







 O día 25 de maio reunímonos toda a comunidade educativa para desfrutar da Celebración do Día das Letras Galegas, que este ano lembra a Carlos Casares. Os alumnos de Afondamento de 1º de Bachelerato quixéronnos amosar o seu traballo de presentación, preparado especialmente para este día. O Departamento de Música do centro agasallounos cunha actuación musical na que se interpretaron  pezas do repertorio da música galega tanto moderna como popular, e ademáis
 o grupo de música galega do IES de Becerreá "Obertura Galega" composto por alumnos e profesores do centro amenizou este acto con música catradional galega, como xa ven sendo habitual cada ano

                                          Agrupación musical  "Obertura Galega"



EXPOSICIÓN DE CARLOS CASARES.




Preparouse por parte do Equipo de Dinamización Lingüística e Lingua Galega do  IES  de  Becerreá  unha exposición sobre a vida e a obra de Carlos Casares, que pretendía dar a coñecer a toda a comunidade educativa a súa vida e obra. 


Correlingua 2017

Participación do IES de Becerreá  no Correlingua 2017 

          O Equipo de Dinamización Lingüística do centro organizou e coordinou a participación dunha representación de alumn@s de 3º e 4º da ESO nunha nova edición do "Correlingua", celebrada en Lugo o xoves 4 de maio, e que este ano se celebraba baixo o lema "En galego, sen cancelas".


Alumnos de 3º e 4º da Eso participantes.

Día das Artes Galegas 2017

Día das Artes Galegas 2017

O EDL do Ies de Becerreá conmemora o día das Artes galegas cunha exposición  de debuxos e microrelatos adicados a Maruja Mallo.

 Maruja Mallo, pintora nada en Viveiro en 1902, un dos nomes maiores da pintura galega do século XX tivo a nosa pequena homenaxe. Os alumnos de plástica fixeron unha preciosa composición con versións propias dos seus cadros, e os alumnos de Lingua Galega compuxeron uns microrelatos expostos no BLOG "As Curuxas" de EDL.

                       Composición de Plástica dedicado a Maruja Mallo

Conmemoración Día de Rosalía de Castro 2017

       O  Día  de Rosalía de Castro foi conmemorado no  centro con actividades e exposicións temporais, que poden ser visitadas.

Distintas actividades foron realizadas no centro para conmemorar o Día de Rosalía.
Por un lado, unha exposición de material bibliográfico pertencente á biblioteca do noso centro e unha selección de láminas que reflicten aspectos da súa figura como poetisa.
 Comezou o acto central amosando unha montaxe audiovisual que recolle o recitado de  poemas por mulleres e nenas galegas, realizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua 

Galega. Continuou coa exposición de catro versións musicais dun poema de Rosalía, "A xustiza  pola  man",  nos distintos      estilos      de Amancio   Prada,    Aid, Poetarras e Nao. Seguiu unha     animada     poxa poética, coa participación de alumnado e profesorado e    rematou    con    tres intervencións    musicais, preparadas polo alumnado
de 1º de Bac: na primeira, Ángela e Alba interpretan a súa versión do poema "Negra sombra"; na segunda, un grupo de alumnos canta "Adiós ríos, adiós fontes" e na terceira e última, este mesmo grupo, 4º Eso, acompaña a dous profesores, Ramón e Jesús, que foron as voces principais en "Campanas de Bastabales".



Antroido 2017

O Antroido no IES Becerreá, queimando ao presidente Trump


Con motivo do Antroido, tiveron lugar no centro unha serie de actividades e unha exposición que daba a coñecer como se celebra o Entroido en Galicia


O  venres 24  de  febreiro organizouse no noso centro o Antroido, todo organizado polo  alumnado de  4º  da ESO, coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Becerreá e coa participación de diferentes departamentos.

                                                    Exposición Antroido 2017

Nadal 2016

O IES Becerreá adiantase ao Nadal coa celebración de fin de ano
O Nadal celebrouse o 21 de decembro

 O Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Becerreá do noso instituto, a modo de despedida do primeiro trimestre e benvida do nadal, coordinou  unha  serie  de actividades das que todos disfrutamos. Comezamos cun mini­concerto a cargo do alumnado de 1º de Bac, no que tocaron unhas panxoliñas, mentres que o resto intentábamos seguirlles o ritmo cantándoas. Cando acabou, degustamos os doces que fixeron os alumnos e un chocolate con roscón de Reis para lamber os dedos! Como xa é tradición, repartiron doce “lacasitos” e  celebramos as campanadas. Despois diso continuamos coa  festa  con música, cantigas tradicionais, karaoke e sobre todo, moitos bailes. E así foi como,entre moitos sorrisos, celebramos o noso Nadal e demos comezos ás vacacións para coller forzas para comezar de novo uns días despois, pero con moitas ganas!.
                          Alumnos de 1º de Bac interpretando as cantigas de Nadal
                                                        Degustación do Roscón de Reis

Magosto 2016

O Magosto, unhafesta que se celebradende ainauguración do centro


Como é tradicional en Galicia nós tamén celebramos o noso propio Magosto, O Equipo de EDL do IES de Becerreá xunto con varios departamentos do centro festexa o seu magosto coa súa xente, donde cada un aportou o seu gran de area para levar acabo esta maravillosa festa,

Samaín curso 2016/17

A celebración do Samaín: obra de teatro, música e moita festa



Con motivo do Samaín, os alumnos de 4º Eso organizamos unha tarde de actividades relacionadas cos celtas, e unha merenda con doces dos alumnos.

O a 3 de novembro festexamos no IES Becerreá o Samaín. Os alumnos de ESO organizamos a festa, e vestímonos cos traxes típicos da época celta, xa que neste Samaín fixemos fincapé nas súas tradicións deste dia tan importante para eles. Para comezar fixemos a entrega de premios do concurso de relatos e o noso ganador foi  Javier Cadenas  cun conto sobre a coñecida Santa Compaña”. Despois representamos unha obra na que, para facela, tivemos que informarnos sobre a historia dos celtas e as súas costumes, e trataba sobre o aninovo celta. Por último convidamos a todo o instituto a  unha merenda con doces típicos desta época.









martes, 11 de xullo de 2017



                                             AS CINSAS DO APÓSTOLO

Presentámosvos unha curtametraxe, froito dun traballo interdisciplinar levado a cabo con moito esforzo e entusiasmo polo profesorado participante e o alumnado protagonista, a quen temos que darlles o máis sonoro aplauso e as nosas felicitacións polo traballo desenvolto, polo resultado que se reflicte no vídeo e pola experiencia educativa para tod@s. E non esquecemos agradecer a colaboración da Fundación TIC, que cos medios técnicos de gravación e edición e os medios humanos postos á nosa disposición, fixeron posible este resultado, que foi presentado ao alumnado e profesorado do centro ao remate do curso, e aos veciños de Becerreá na Casa da Cultura, coincidindo coas festas de San Xoán.
Para coñecer máis a fondo este proxecto, PREME AQUÍ e lerás o artigo da nosa revista "A Rebola" no que se explica con detalle todo o proxecto.
E para ver as fotos das presentacións, AQUÍ.

mércores, 5 de xullo de 2017

O ALUMNADO DE 4º DA ESO PREMIADO NO PROXECTO "ESCOLA DE PRENSA O PROGRESO".


- Se queres coñecer cal foi a experiencia do noso alumnado de 4º da ESO neste proxecto de traballo organizado polo diario El Progreso, no que participaron 32 centros de ensino lucenses de Primaria e Secundaria, PREME AQUÍ, e tamén te informarás sobre os logros acadados, froito do seu esforzo (non esquezas ler a primeira páxina da nosa revista). Para coñecer o proxecto máis polo míudo, poder utilizar este enlace: http://www.escoladeprensaelprogreso.es/ . E finalmente, se queres coñecer ao grupo participante e, de paso, botar unhas risas, podes ver  este vídeo co que se presentaron ao proxecto e que foi premiado polos organizadores como o mellor vídeo (ollo ás tomas falsas!!).