venres, 11 de maio de 2018


O IES DE BECERREÁ PARTICIPA NO CORRELINGUA 2018

"A lingua non para" foi o lema desta XVIII na que o centro participou ca súa pancarta.



O mércores día nove na Praza de Santa María de Lugo reuníronse estudantes de Primaria, Secundaria e Bachelerato para reivindicar un ano máis a importancia do galego. O alumnado de 4º da ESO do IES de Becerreá sumouse a esta iniciativa pola lingua, que se organiza en toda Galicia dende  hai xa 18 anos. Acudiron á Festa Final uns 3.000 rapaces de 56 centros educativos de toda a provincia, que  participaron nos actos da nova de edición Correlingua 2018.
O coordinador Manuel Muñiz destacou que a escola adoita ser en moitos casos a "única relación" dos estudantes coa súa lingua materna. O resto de autoridades apuntaron na mesma dirección e insistiron na importancia de eventos en prol da lingua. O Correlingua será igual en todos os puntos da xeografía galega. En Lugo os rapaces participaron nunha carreira pola muralla e leuse o manifesto “Rapea que a lingua non para”, escrito polos alumnos do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela. O grupo melidense Cuarta Xusta ofreceu un concerto para clausurar o acto. Ademais entregáronse os premios e agasallos a todos os participantes, incluidos o noso centro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario