O IES DE BECERREÁ PARTICIPA NO CORRELINGUA 2018
"A lingua non para" foi o lema desta XVIII na que o centro participou ca súa pancarta.
O mércores día nove na Praza de Santa María de Lugo reuníronse
estudantes de Primaria, Secundaria e Bachelerato para reivindicar un
ano máis a importancia do galego. O alumnado de 4º da ESO do IES de
Becerreá sumouse a esta iniciativa pola lingua, que se organiza en toda Galicia
dende hai xa 18 anos. Acudiron á Festa
Final uns 3.000 rapaces de 56 centros educativos de toda a provincia,
que participaron nos actos da nova
de edición Correlingua 2018.
O coordinador Manuel Muñiz destacou que a escola adoita
ser en moitos casos a "única relación" dos estudantes coa
súa lingua materna. O resto de autoridades apuntaron na mesma
dirección e insistiron na importancia de eventos en prol da lingua. O Correlingua será igual en todos os puntos da
xeografía galega. En Lugo os rapaces participaron nunha carreira pola
muralla e leuse o manifesto “Rapea que a lingua non para”,
escrito polos alumnos do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela. O grupo melidense Cuarta Xusta ofreceu
un concerto para clausurar o acto. Ademais entregáronse os premios e agasallos
a todos os participantes, incluidos o noso centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario