O DEPARTAMENTO DE LÍNGUA GALEGA ORGANIZOU UN CERTAME LITERARIO CO GAIO DO DÍA DA PAZ
"CANTIGAS PARA A PAZ MEU AMIGO"
O alumnado de 3ª da ESO e 1ª de Bac participou neste marabilloso certame inspirado na lírica galaico portuguesa de finais do século XII
|
Exposición das "Cantigas para a paz meu amigo " |
O Departamento de Lingua Galega inspirado pola lírica trovadoresca medieval, na que a nosa lingua viveu unha etapa de esplendor, tivo a iniciativa de celebrar o Día da Paz con este certame literario, no que o alumnado tiña que escribir cantigas. Aínda que a temática non foi o lamento pola ausencia do amado, a alegría polo reencontro, ou a paixón, senon a PAZ . As cantigas compostas polo alumnado seguían tanto os recursos formais das mesmas, tales coma o paralelismo, leixapreén ou o refrán, ademáis das variedades temáticas propias das cantigas e a introducción de temáticas novas, creadas polo alumnado.
O resultado en conxunto foi escelente, xa que se creou un libro 41 cantigas organizadas alfabeticamente en dous bloques. Este traballo atópase exposto no vestíbulo do centro para que todo o mundo se poda achegar a disfrutalo.
A celebración do día da paz comenzou con música, xa que se reproduciron dúas das sete Cantigas do Pergamiño Vindel de Martín Códax, a continuación os premiados neste orixinal concurso, recitaron as súas composicións no vestíbulo do centro para conmemorar o Día da Paz, ao acto acudiu toda a comunidade educativa, maila o xurado formado por profesorado e a Orientadora do centro.
Os premiados de 3ª da ESO foron Natalia Díaz, Aarón Álvarez e Diego Rodríguez, mentres que os gañadores de 1ª de Bac foron José Antonio Fernández Lexo, Marcela Miñambres e Gonzalo García.
As presentadoras do acto foron duas alumnas de 2ª da ESO pertencentes ao Equipo de Dinamización Lingüística do centro, Zaira Alba e Daniela Novo, que xunto con Elba Cordero montaron a exposición.