xoves, 27 de febreiro de 2020

ENTROIDIES DE BECERREÁ 202

O alumnado de 4ª da ESO  máis o pertencente ao EDL do centro organizaron o Entroido 2020
Exposición Entroido elaborada por Ainhoa, Alba, Elba e Zaira, membros do EDL do IES de Becerreá.

Como cada ano por estas datas, celebramos o Entroido con diversas actividades nas que todo o centro participa. Os encargados de organizar este venres de entroido foron tanto o alumnado de 4ª da ESO coma o alumnado do EDL do instituto, que fixeron un escelente traballo.

Para comenzar as actividades realizouse unha pequena exposición, na que se recollía a gastronomía de entroido, tan típica desta época do ano, despois das matanzas, cando o cocho está no seu punto xusto, aproveitamos para facer o cocido nas casas do noso alumnado que elaborou esta exposición con fotos e receitas propias. Ademáis a exposición tamén amosa os marabillosos doces de entroido, coas súas receitas, e reportaxe gráfico. Parabéns a Elba, Zaira, Ainhoa e Alba polas súas receitas e elaboración desta gastronomía de entroido, que se encarga de reunir a familias, amigos, veciños, etc.


Presentador, Arturo.

Presentadoras, Alba e Ainhoa.





















O venres 21 tivo lugar o concurso de comparsas, nas que todos os cursos participaron, incluso o profesorado, que quixo concienciar co seu disfraz, do destrutivo que está a resultar a contaminación polo plástico nos océanos e nos seres vivos. As comparsas foron do máis animado destacando os premiados, que foron o alumnado de 1º de Bac con "First dates", "Polis e cacos" de 3º da ESO, "Tucha e Mucha" interpretadas por Fernanda e Mónica, e Jorge Rosón con Bad Gyal.

Parabéns para todos e todas, e para todos os participantes.


Tucha e Mucha, Mónica e Fernanda.
Comparsa de Profes.
Polis e cacos 3ª da ESO.
First Dates 1ª Bac.

Xurado do concurso de comparsas., Borja, Zaira, Elba, Martín e Hector.

 Para rematar a festa queimamos no patio do centro  o tradicional Espantallo, que este ano personificaba a desigualdade, a  xenofobia, a corrupción, o machismo, etc.

Procesión do Espantallo.
Espantallo.

Queima do Espantallo.
ESTE É O VÍDEO DOS ACTOS DESCRITOS


martes, 4 de febreiro de 2020


 O DEPARTAMENTO DE LÍNGUA GALEGA ORGANIZOU UN CERTAME LITERARIO CO GAIO DO DÍA DA PAZ

"CANTIGAS  PARA A  PAZ MEU AMIGO"

O alumnado de 3ª da ESO e 1ª de Bac participou neste marabilloso certame inspirado na lírica galaico portuguesa de finais do século XII


Exposición das "Cantigas  para a paz meu amigo "

O Departamento de Lingua Galega inspirado pola lírica trovadoresca medieval, na que a nosa lingua viveu unha etapa de esplendor, tivo a iniciativa de celebrar o Día da Paz con este certame literario, no que o alumnado tiña que escribir cantigas. Aínda que a temática non foi o lamento pola ausencia do amado, a alegría polo reencontro, ou a paixón, senon a PAZ . As cantigas compostas polo alumnado seguían tanto os recursos formais das mesmas, tales coma o paralelismo, leixapreén ou o refrán, ademáis das variedades temáticas propias das cantigas e a introducción de temáticas novas, creadas polo alumnado.
O resultado en conxunto foi escelente, xa que se creou un   libro 41 cantigas organizadas alfabeticamente en dous bloques. Este traballo atópase exposto no vestíbulo do centro para que todo o mundo se poda achegar a disfrutalo. 

A celebración do día da paz comenzou con música, xa que se reproduciron dúas das sete Cantigas do Pergamiño Vindel  de Martín Códax, a continuación os premiados neste orixinal concurso, recitaron as súas composicións no vestíbulo do centro para conmemorar o Día da Paz, ao acto acudiu toda a comunidade educativa, maila o xurado formado por profesorado e a Orientadora do centro. 

Os premiados de 3ª da ESO  foron Natalia Díaz, Aarón Álvarez e Diego Rodríguez, mentres que os gañadores de 1ª de Bac  foron José Antonio Fernández Lexo, Marcela Miñambres e Gonzalo García.
As presentadoras do acto foron duas alumnas de 2ª da ESO pertencentes ao Equipo de Dinamización Lingüística do centro, Zaira Alba e Daniela Novo, que xunto con Elba Cordero montaron a exposición. 

                


                                


Nas imaxes de arriba de esquerda a dereita podemos ver recitando aos ganadores de 3º da ESO , Natalia, Aarón,  e Diego. Abaixo de esquerda a dereita, os campeones de 1ª de Bac Marcela, Jose Lexo e Gonzalo.


Daniela e Zaira as presentadoras do acto.
Ana , Félix e Mónica o xurado do Concurso.





Se queres ver ou descargar as cantigas compostas polo alumnado preme en:

 "CANTIGAS PARA A PAZ MEU AMIGO" 

E preme AQUÍ para ver máis fotos do acto.

PARABÉNS A TODOS