sábado, 17 de xuño de 2023

 CELEBRACIÓN DA VII ENTREGA DO PREMIO IES DE BECERREÁ AO EMPREGO E A DIFUSIÓN DA CULTURA E A LINGUA GALEGA NA COMARCA DOS ANCARES




       O pasado 16 de xuño no salón de actos do centro ás 12 da mañá celebrouse a VII edición da entrega PREMIO DO IES DE BECERREÁ AO EMPREGO E DIFUSIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA NA COMARCA DOS ANCARES, asistiron ao acto a Coordinadora territorial dos EDLG da provincia de Lugo Pilar TeiJeiro,  os premiados/as, e toda a comunidade educativa.








            Este ano ten un valor especial xa que por mor da pandemia deixamos de desenvolver este proxecto no que se recoñece aos premiados/as pola promoción da lingua e a cultura galega na nosa comarca. Nesta VII edición  o galardón foi para a actriz barallesa Carmen Méndez e o grupo cervantego Os Xardois.

              O acto conducido por dúas alumnas de 1º da ESO e 1º de BAC contou coa actuación do alumnado de 4º da ESO que recitou “Letanía” de Uxío Novoneyra, tamén interviron o Director do centro Fernando Cerecedo e Pilar Teijeiro, así coma os premiados e a premiada.



         










               A Asociación Cultural Os Xardois nace no ano 2008 en Doiras (Cervantes) entre os pais e nais de un grupo de nenos/as escolarizados nos colexios de Doiras e San Román de Cervantes co obxecto de que os seus fillos/as aprendera tocar un instrumento, socializaran e co tempo chegaran a formar un grupo de música tradicional.


Comezaron sendo naquel momento uns 35 socios aproximadamente e nunha das primeiras reunións decidiron que a denominación do grupo sería a palabra típica da zona da zona; o nome de algo cuxo termo só se empregara na montaña de Cervantes. De ese pensamento naceron: “Os Xardois”. Todos os sábados do calendario escolar pola mañá dende o 2008, ese grupo de nenos/as ían a clases de música tradicional e baile rexional ata chegar a formar una agrupación que actualmente ten como socios/as a son maiores de idade.

Na actualidade, somos 22 membros no grupo musical: Manuel, Tania, Noelia, Adrián, Lorena, Nerea, Silvia, Miriam, Eva, Lucía, Andrea, Cynthia, Gloria, Claudia, Migue Laura, Borja, Celtia e as nosas dúas nenas menores de idade: Aldara e Leyre (novasintegrantes). Os Xardois seguimos dende os inicios conservando os mesmos fins: difund musical da zona naqueles pequenos eventos e festexos dos que nos chaman para animar unha zona moi marcada polo despoboamento e a poboación envellecida, así como recuperar e poñer en valor as costumes da comarca dos Ancares a través do eido da música organizando actividades como o entroido ou o magosto.

Carmen Méndez exalumna do IES de Becerreá estudou Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela de Lugo. Estudou interpretación na escola Réplika Teatro e tamén se formou con Fernando Piernas, Montxo Armendáriz e Fernando Franco. Tamén estudou violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo.


En cine traballou na longametraxe Bad Investigate, da produtora portuguesa Lightbox Filmes e protagonizou Pelerinaxes, longametraxe documental dirixida por Simone Saibene que gañou ex-aequo o primeiro no Festival de Cinema de Avança (Portugal).

En televisión traballou na serie da TVG Pazo de familia, personaxe pola que foi proposta dúas veces ós Premios Mestre Mateo como mellor actriz secundaria. Tamén participou en Serramoura e formou parte do elenco da serie Auga seca, de Portocabo e Spi e de Élite. Actualmente é un dos personaxes principais da serie da TVG Saudade de ti. En 2019 entrou na xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.


  PREME PARA VER COMO FOI O ACTO



mércores, 14 de xuño de 2023

 QUE OPINAS DO GALEGO?



É o segunda vez que o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega realiza esta enquisa para medir o uso do galego, e facer un estudo do uso do mesmo ao longo do tempo. As conclusións obtidas foron as seguintes:


• Os alumnos utilizan o galego maioritariamente para relacionárense cos seus compañeiros do Instituto, tanto na expresión oral coma na escrita. Este nivel de uso é moito maior có que teñen os rapaces da súa idade da provincia de Lugo. Se os comparamos co do resto de Galicia, a diferenza é aínda maior.















• Noutros ámbitos sociais, con excepción da familia, a utilización do galego é menor ca no Instituto.
                           









• O alumnado percíbese cun nivel de competencia oral semellante nas dúas linguas.

• Que utilicen o galego ou o castelán no IES, vén condicionado en gran medida pola lingua que se utilice na familia.
• Cando os nosos alumnos cursaron Primaria o uso do castelán entre eles era moito maior có empregado no ámbito familiar.
• Tendo en conta todo o anterior podemos concluír que tanto o ambiente social coma a Ensinanza Primaria son desgaleguizadores con respecto ás familias.







• É galeguizador o Instituto?

Poderíase pensar que unha forma de medilo sería ver como varía o uso do galego ó longo dos catro cursos da ESO. Sen embargo ó ser grupos tan reducidos, as conclusións que se poderían tirar a partir destes datos serían moi pouco fiables.
No IES, hai cunha considerable presenza do galego tanto nas clases —segundo as enquisas impártense o dobre de materias en galego ca en castelán— coma no resto das actividades lectivas. O alumnado recoñece o centro como unha entidade promotora do galego.
Con todo o anterior conséguese chegar a un nivel de uso do galego no Instituto semellante ó do ámbito familiar. Sen embargo non se logra trascender do ámbito educativo e noutros ámbitos sociais o uso do galego é minoritario.




Preguntados sobre o nivel de uso do galego nos vindeiros 5 anos, os alumnos do Instituto teñen unha visión máis pesimista que os datos do IGE.














Alumnas de 2º da ESO participaron no V Congreso Científico da Montaña


Noa, Cristina e Lucía, alumnas de segundo da ESO do IES de Becerreá, participaron no V Congreso Científico da Montaña 


   Como cada ano o IES de Becerreá participa neste Congreso Científico, este acto celebrouse no CPI Poeta Uxío Novoneyra, en Folgoso do Courel, o día 15 de xuño. As alumnas de segundo curso do noso centro expuxeron o seu traballo e falaron dalgúns restos arquitectónicos, e especialmente das fontes das que podemos obter información sobre eles. Concretamente estudaron construcións propias da nosa zona. As fontes poden ser primarias ou secundarias, poden ser documentos escritos ou restos arqueolóxicos. Entre eses monumentos, analizaron o miliario de As Pontes de Gatín, o agger de O Comeal, o baixo relevo de Vilarín e outros restos.



    O traballo coordinado polo profesorado de Xeografía e Historia expúxose no vestíbulo do centro, para  toda a comunidade educativa.  



Exposición no vestíbulo do traballo presentado ao V Congreso Científico da montaña.



 O CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel acolleu o V Congreso científico da Montaña, onde se presentaron ao longo de dúas xornadas 26 traballos de investigación realizados polo alumnado de primaria e secundaria de nove cetros educativos, tanto dos concellos da montaña como convidados doutras comarcas.

    O Congreso Científico é unha iniciativa dos CPIs de Cervantes, Pedrafita, O Courel e Navia de Suarna que pretende dar visibilidade aos proxectos que se realizan nas distintas áreas, pero sobre todo desenvolver as habilidades de expoñer en público entre un alumnado que normalmente realiza a súa actividade “en familia”.

    A esta iniciativa dos CPIs da Montaña, que participan con todo o alumnado, súmanse grupos do IES de Becerreá e A Fonsagrada, e nesta ocasión como centros convidados o IES Xoán Montes (Lugo), O IES Couto (Ourense) e o CFEA Sergude (Boqueixón). Os traballos teñen en común utilizar o método científico, sendo moitos deles experimentais e con propostas que chegan tamén dende as Ciencias Sociais e as Humanidades.

    A Estación Científica do Courel foi unha sé idílica para parte das exposicións, que tamén tiveron lugar nas instalacións do colexio, onde se desenvolveron as comidas, os tempos de lecer e a pernocta.

    A rapazada dos distintos centros tiveron ocasión de relacionarse tamén en actividades complementarias de carácter lúdico, entre elas un fermoso roteiro pola beira do río Lor, na que puideron disfrutar da fermosura do Courel.



martes, 6 de xuño de 2023

O alumnado de Lingua  galega de 1º da ESO representa  a obra teatral "Restaurante farruco"


Alumnado de 2º da ESO na representación no Salón de actos do centro

    No xeitoso e moi feituco Resturante Farruco celébrase un xantar moi especial: unha parella e o rei son atendidos polo camareiro Farruco, pola xefa de cociña Siñá Manuela e polo seu axudante. Restaurante Farruco é unha divertida peza teatral nun acto, onde Chus Pereiro xoga coa rima para presentar a ritmo trepidante a xornada que se vive nun restaurante moi especial. O ilustrador Xan López Domínguez deu vida a cada un dos personaxes da peza.

 A obra foi representada dúas veces, xa que o alumnado repartido en dous grupos fixo a  unha interpretación propia. Parabéns polo  seu traballo.

Velaí podes ver aos actores e actrices do reparto.


 



Visita do alumnado de 2º da ESO de ciencias e tecnoloxía ao parque eólico experimental de Sotavento


    Sotavento é unha singular instalación que, ademais do obxectivo comercial común a este tipo de proxectos, realiza outras actividades adicionais centradas en tres áreas: Investigación, Divulgación y Formación.

    O principal obxectivo das actividades da área educativa de Sotavento é a educación enerxética nun momento no que cobra especial interese tanto por la incerteza enerxética derivada dos conflitos internacionais, como pola crisis climática que continúa empeorando. O alumnado asistiu a unha charla sobre enerxía renovables, tivo a oportunidade de visitar e ver o funcionamento dun eólico, unha casa bioclimática e recibir todo tipo de información de como facer un consumo responsable da enerxía no eido doméstico