CELEBRACIÓN DA VII ENTREGA DO PREMIO IES DE BECERREÁ AO EMPREGO E A DIFUSIÓN DA CULTURA E A LINGUA GALEGA NA COMARCA DOS ANCARES
O pasado 16 de xuño no salón de actos do centro ás 12 da mañá celebrouse a VII edición da entrega PREMIO DO IES DE BECERREÁ AO EMPREGO E DIFUSIÓN DA LINGUA E CULTURA GALEGA NA COMARCA DOS ANCARES, asistiron ao acto a Coordinadora territorial dos EDLG da provincia de Lugo Pilar TeiJeiro, os premiados/as, e toda a comunidade educativa.
O acto conducido por dúas alumnas de 1º da ESO e 1º de BAC contou coa actuación do alumnado de 4º da ESO que recitou “Letanía” de Uxío Novoneyra, tamén interviron o Director do centro Fernando Cerecedo e Pilar Teijeiro, así coma os premiados e a premiada.
A Asociación Cultural Os Xardois nace no ano 2008 en Doiras (Cervantes) entre os pais e nais de un grupo de nenos/as escolarizados nos colexios de Doiras e San Román de Cervantes co obxecto de que os seus fillos/as aprendera tocar un instrumento, socializaran e co tempo chegaran a formar un grupo de música tradicional.
Comezaron sendo naquel momento uns 35 socios
aproximadamente e nunha das primeiras reunións decidiron que a denominación do
grupo sería a palabra típica da zona da zona; o nome de algo cuxo termo só se
empregara na montaña de Cervantes. De ese pensamento naceron: “Os Xardois”. Todos
os sábados do calendario escolar pola mañá dende o 2008, ese grupo de nenos/as
ían a clases de música tradicional e baile rexional ata chegar a formar una agrupación
que actualmente ten como socios/as a son maiores de idade.
Na actualidade, somos 22 membros no grupo musical: Manuel, Tania, Noelia, Adrián, Lorena, Nerea, Silvia, Miriam, Eva, Lucía, Andrea, Cynthia, Gloria, Claudia, Migue Laura, Borja, Celtia e as nosas dúas nenas menores de idade: Aldara e Leyre (novasintegrantes). Os Xardois seguimos dende os inicios conservando os mesmos fins: difund musical da zona naqueles pequenos eventos e festexos dos que nos chaman para animar unha zona moi marcada polo despoboamento e a poboación envellecida, así como recuperar e poñer en valor as costumes da comarca dos Ancares a través do eido da música organizando actividades como o entroido ou o magosto.
Carmen Méndez exalumna do IES de Becerreá estudou Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela de Lugo. Estudou interpretación na escola Réplika Teatro e tamén se formou con Fernando Piernas, Montxo Armendáriz e Fernando Franco. Tamén estudou violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo.
En cine traballou na
longametraxe Bad Investigate, da produtora portuguesa Lightbox Filmes e
protagonizou Pelerinaxes, longametraxe documental dirixida por Simone
Saibene que gañou ex-aequo o primeiro no Festival de Cinema de Avança
(Portugal).
En televisión traballou na
serie da TVG Pazo de familia, personaxe pola que foi proposta dúas veces
ós Premios Mestre Mateo como mellor actriz secundaria. Tamén
participou en Serramoura e formou parte do elenco da serie Auga
seca, de Portocabo e Spi e de Élite. Actualmente é un dos personaxes
principais da serie da TVG Saudade de ti. En 2019 entrou na
xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual.