Magosto 2023
Actuación de Cé Orquestra Pantasma, en colaboración coa Deputación de Lugo para celebrar o Magosto no centro
Coma todos os anos, boísimas castañas feitas pola nosa cociñeira Ana, fixeron posible a a tradicional castañada do
ano, no patio do centro, todo iso coa colaboración do alumnado de 4º da ESO, e participación
de todo o alumnado e profesorado.
Aínda que o tempo non acompañaba, a Orquestra Pantasma transformou a xornada, sen importar a climatoloxía, e transportarnos aos tempos en que nas nosas festas mais arraigadas todos eran partícipes e creadores do divertimento, quedando a pasividade practicamente desterrada do campo da festa. Baixo o nome de Cé Orquestra Pantasma ocúltase o vigués César Fritiría, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina ao oito anos na música tradicional, e navega por variados estilos chegando a formar parte de grupos tan dispares como A Roda ou a banda de punk Oxtiax De Che Pariu. Desde 2008 leva percorrida toda a xeografía galega con Cé Orquestra Pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical
O alumnado e profesorado participou
e gozou moito entre rimas, música e
baile engaiolándonos cara un mundo
marabilloso, o das festas tradicionais de toda a vida.
PREME AQUÍ PAR AVER O VÍDEO
Ningún comentario:
Publicar un comentario