Comeza no IES de Becerreá, o proxecto de fusión entre danza urbana e tradicional da man de Rubén Hamade Longarela, Director da escola de baile e espectáculos Gravitty de Lugo
Unha clase de HipHop serviu como marco inaugural para o proxecto “Fusión e movemento”, que se desenvolverá ao longo do curso no IES de Becerreá. O proxecto que ten varias fases, pretende dar a coñecer a danza tradicional galega e a danza urbana, a súa riqueza e elementos estilísticos. O obxectivo principal deste proxecto é visibilizar o noso patrimonio artístico a través da danza, fusionando os dous estilos e achegando ao alumnado a idea de que ambas expresións artísticas poden enriquecerse mutuamente. A mestura da danza galega cunha disciplina máis próxima á xuventude como é o HipHop, facilita o achegamento do alumnado á tradición do baile galego e o descubrimento de toda a súa riqueza.
Rubén Hamade Longarela, profesor e Director da Escola de Danza, Ximnasia e Espectáculos de Lugo, foi recibido con gran entusiasmo polos
asistentes. Comezou a súa intervención cunha pequena clase sobre a orixe, evolución
e elementos estilísticos e formais que conforman este xénero. A parte práctica da
clase consistiu na aprendizaxe dunha coreografía, na que o alumnado, todo sexa
dito, deuno todo. O resultado foi moi gratificante, e interesante para o
alumnado.
Queremos agradecer
a colaboración de Rubén Hamade co noso centro, pola súa profesionalidade, amabilidade
e carisma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario