Dúas alumnas do IES de Becerreá gañan o III Certame Escolar de IlustrarNÖS da Deputación de Lugo
As
gañadoras Noa Digón Uría de 3º da ESO e
Noa López Villares de 1º de Bac asistiron ao acto que a Vicepresidencia da
Deputación convocou e que tivo lugar no Pazo de San Marcos, 22 de maio.
Co obxectivo de promover entre o alumnado a creatividade artística e plástica e achegarlle o gusto pola arte de ilustrar, o Departamento de Plástica do IES de Becerreá sumouse a esta iniciativa presentando varios traballos realizados polo alumnado, o resultado foi moi satisfactorio acadando dous traballos premiados neste III Certame.
Cada
30 de xaneiro, desde 2014 a área de cultura da Deputación de Lugo celebra o Día
da Ilustración como xeito de impulsar esta arte, popularizar a obra de
diferentes profesionais e animar á creación artística como punto de partida
para novos valores da ilustración galega. Esta efeméride coincide co
aniversario do nacemento de Castelao. O que outrora fora membro do Seminario de
Estudos Galegos e do grupo Nós, creativo e divulgador a través de múltiples
formas de expresión, deixou a súa pegada plasmada en numerosas ilustracións,
caricaturas e escritos que o converten na cabeceira dunha grande lista de
artistas que a nosa ilustración foi dando ao longo do tempo e que este 2024
lembra a figura do humorista gráfico, xornalista e publicista, Chichi Campos.
Parabéns ao alumnado pola participación e polo traballo desenvolto. Aquí podesdes ver os traballos premiados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario