O autor viveirense Primitivo Marcos imparte unha charla para o alumnado da ESO do centro
No
marco de actividades programadas no centro para a participación no proxecto da Deputación de Lugo Ilustrar-nós
o autor viveirense Primitivo Marcos achegou o proceso creativo da banda
ilustrada ao IES de Becerreá co ciclo “A aventura de ilustrar”.
A
proposta inclúe unha exposición baseada no último traballo do debuxante
viveirense, a adaptación a banda deseñada da novela “O paso do Noroeste”, de
Xavier Queipo. A través de cadros orixinais e paneis explicativos, a mostra
explica, cun carácter pedagóxico e divulgativo, cada unha das etapa
creativa do proceso de ilustración, dende a creación en bosquexos sinxelos da
idea inicial ao remate a cor dun debuxo xa finalizado.
A exposición
compleméntase cunha conferencia na que Primitivo Marcos explica ao alumnado o
proceso de ilustrar un texto, os pasos que este implica e as súas dificultades,
incidindo nas posibilidades que ofrece a imaxe para narrar contextos
históricos. Na charla, tamén aborda a figura de Castelao como referente
da ilustración en Galiza e a súa obra, na que destaca a capacidade de
crear imaxes sinxelas pero cargadas de simbolismo.
Con
esta iniciativa ofrécese ao alumnado a posibilidade de achegarse á tarefa de
ilustrar un texto, que, mais aló da banda deseñada, se aplica noutros ámbitos
como o da creación publicitaria, o da animación ou o deseño de moda.
Así,
ademais de fomentar a creatividade e achegar ao alumnado á lectura de banda
deseñada, a proposta ofrece recursos para valoración e o fomento da
mirada crítica das ilustracións que adoitan acompañar os textos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario