CELEBRACIÓN DA 8ª EDICIÓN DO PREMIO IES DE BECERREÁ Á PROMOCIÓN DA LINGUA E A CULTURA GALEGAS NA COMARCA DOS ANCARES
Hoxe, no salón de actos do centro tivo lugar a entrega do premio singular no ámbito educativo galego, orixinal e único. É este un premio para aqueles que no sector cultural e non cultural favorecen e impulsan a o noso idioma e a nosa cultura nesta comarca.
O
PREMIO “IES de BECERREÁ Á PROMOCIÓN DA
LINGUA E A CULTURA GALEGAS NA COMARCA DOS ANCARES” nace no 2014 como proxecto
do Equipo de Dinamización Lingüística
destinado a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de
persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e
dignificación social do noso patrimonio lingüístico e cultural e pertencentes á
comarca de influencia do Instituto. O Premio
quere contribuír a ese obxectivo de recoñecer aos que no seu labor teñen
en conta o noso e tamén implicar o conxunto da comunidade educativa na súa
consecución, este ano o Premio foi concedido a un grupo de persoas cunhas
fortes raíces na nosa comarca, raíces persoais, profesionais, culturais, un colectivo cultural de MULLERES dos Ancares
que deron moito pola comarca e decidiron seguilo dando dende a música propia,
recuperándoa e manténdoa, elas son o grupo Son de Cores.
Son de Cores son un colectivo de mulleres que
botan a andar no 2012 co obxectivo de colaborar na recuperación dun instrumento
emblemático dos Ancares: “a pandeira”, son mulleres, mulleres concienciadas
sobre a importancia de todas aquelas que século tras século foron o elemento
fundamental de transmisión e supervivencia da literatura popular, da música
popular dos Ancares, elas compoñen o círculo que (como din elas) afonda na
“historia da nosa comunidade, entendendo como operan as desigualdades, por que
saber como afectaron ás que nos precederon é unha lección de vida, de
supervivencia e de superación”. Despois de toda unha vida sendo activistas
seguen bulindo, cantando as súas propias historias, reivindicando con
naturalidade a súa condición, reclamando ese espazo que lles corresponde por
compromiso e historia. Estes sinais de identidade son os que decidiron que elas
foran as premiadas por que representan o espírito do noso premio:
comprometidas co idioma, comprometidas coa historia en feminino, coa nosa cultura
e coas raíces ben chantadas na nosa
comarca.
Moitas grazas
por agasallarnos coa vosa música que tamén é nosa.
PREME ABAIXO PARA VER O VÍDEO DO ACTO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario