martes, 10 de decembro de 2013

A MULLER-LOBO

UNHA MOI BOA: A MULLER-LOBO, de Paula Álvarez García


Había hai moitos anos en Castela, un pai que tiña moitas fillas, unha das cales comía moita carne, canta máis lle daban máis comía. E un día o pai díxolle: -Inda vaias comer carne cos lobos o monte. Foi palabra maldita, xa que aquela mesma noite desapareceu sen saberse que fora dela. Segundo se soubo despos fuxíu da casa paterna e envorcallouse na area, volvéndose unha fada que unhas veces andaba de lobo e outras de muller. Foi desandando desandando ata que chegou ó Cebreiro e ás canellas de Agras de Tosende. Por estes montes andou moito tempo de capitana dos lobos, causando estragos na facendo e na xente (isto cando estaba transformada en lobo). O paradoiro era no monte do Cebreiro. Cando estaba de muller acendía o lume e xuntábanse os lobos de arredor dela, e non lles deixaba facer mal ningún a ninguén.

E unha vez que viñan os do Sal de Portugal, cando o sal estaba estancado, os lobos quixéronse botar a eles para os comer e ela detívoos decíndolles:

-Quietos, deixádeos pasar.

Así andou moito tempo ata que lle levantaron a fada. Adoitaba ela ir comer fariña a un muíño e unha vez cadroulle de estar o amo dentro e quíxose meter por baixo da porta coma sempre, e ó meter unha pata, viuna o muiñeiro e cunha navalla quíxolle cortar unha perna e ó empezar a cortar, foi e meteu un berro, volvéndose unha muller.

Así que se viu muller, tratou de ir para a súa casa preguntando de pobo en pobo ata atopala, tratándoa con moito agarimo seus irmáns e seu pai.

Para o verán foron os de Tosende á sega a Castela e foron segar á vasa da tal, entón esta preguntoulle de onde eran e eles dixéronlle que de Tosende e de Aguis:

-Pois esas terras coñézollas eu ben e coñezo o Cebreiro e as canellas de Agra, pois tiven que andar por alí de fada e fixen moitos estragos por ningún tiven tanta pena como por un rapaz que comín, eu estábao despedazando e el rindo cara mín.

Ó oír esto os segadores colleron tal medo que deron volta correndo para a súa terra,  mal feito pois a fada volveu detrás deles, acabando co benestar que producira a súa desaparición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario