Conta a lenda que no Cebreiro vivía un crego que non
tiña moita fe no sacramento da Eucaristía.
Había un veciño da parroquia que vivía a unha media
legua do Cebreiro e era tan devoto que por ninguna cousa, nin aínda polas
tormentas e nevadas máis fortes, deixaba de chegarse alí para oír a misa.
Un domingo de inverno, día de grandes ventos e
nevadas, estaba o crego celebrando a misa sen ningún feligrés polo mal tempo
que facía. Tiña xa consagrada a hostia e o cáliz, cando oíu que algén entraba
na igrexa. O crego mirou con sorpresa ao devoto feligrés e pensou:
Pero nese intre, o crego sentiu un estremecemento, e
viu como o pan se convertía en carne e o viño do cáliz en sangue. Caeu de
xeonllos ao pé do altar e desplomouse morto.
As reliquias deste milagre consérvanse en dúas
ampolas de vidrio e prata na igrexa do Cebreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario