EDNL

EDNL
Equipo de Normalización Lingüística do IES de Becerreá

martes, 10 de decembro de 2013

As pontes de Gatín

AS PONTES DE GATÍN: Gabriela Rodríguez Díaz


 

Hai moito tempo vivía na beira esquerda do río Navia un mozo que era noivo dunha moza que vivía na beira dereita.O mozo tiña que cruzar todos os días o río nunha pequeña barca para ir ver á súa noiva,e volver cruzalo outra vez para regresar á súa aldea

Un día de moita enchenta, cando o mozo ía remando polo río, apareceu o demo e díxolle:

-Eu podería facer unha ponte nunha soa noite.

 O mozo seguiu remando e non lle fixo caso.

-Non terías que pasar máis traballos para cruzar o río .A cambio só terás que darme o primeiro ser vivo que naza na casa despois da túa voda.

Como aquilo parecía imposible, o home aceptou o pacto co  demo.Á mañá seguinte apareceu feita unha ponte.O mozo e a moza casaron, e non se acordaron do demo ata que a moza quedou preñada.Que  disgusto había! Segundo o pacto co demo, o  que nacera primeiro era del!

Pero como  o demo  fai e Deus desfai ,naceu unha camada de gatos.O home meteu un nun saco,  levoullo e díxolle:

-Veño cumprir o pacto, este é o ser vivo que naceu primeiro.

Abriu o saco e saíu del un gatín pequeño, que ao ver o feo que era o demo, asustouse e saíu correndo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario