martes, 10 de decembro de 2013

O Santo Milagre do Cebreiro

Outra lenda de Marcos Montaña: O Santo Milagre do Cebreiro



Conta a lenda que no Cebreiro vivía un crego que non tiña moita fe no sacramento da Eucaristía.

Había un veciño da parroquia que vivía a unha media legua do Cebreiro e era tan devoto que por ninguna cousa, nin aínda polas tormentas e nevadas máis fortes, deixaba de chegarse alí para oír a misa.

Un domingo de inverno, día de grandes ventos e nevadas, estaba o crego celebrando a misa sen ningún feligrés polo mal tempo que facía. Tiña xa consagrada a hostia e o cáliz, cando oíu que algén entraba na igrexa. O crego mirou con sorpresa ao devoto feligrés e pensou:                                                      

-Pobre home, vir con este tempo desde tan lonxe só para postrarse ante un pouco de pan e viño!

Pero nese intre, o crego sentiu un estremecemento, e viu como o pan se convertía en carne e o viño do cáliz en sangue. Caeu de xeonllos ao pé do altar e desplomouse morto.

As reliquias deste milagre consérvanse en dúas ampolas de vidrio e prata na igrexa do Cebreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario