domingo, 4 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018


O 31 de outubro tivo lugar unha lúdica celebración do Samaín conducida polo  alumnado de 4º e 1º da ESO, na que a cultura e a diversión foron protagonistas  

Alumnado e profesorado participante no Túnel do Terror

Foron moitas as actividades e a colaboración de toda a comunidade educativa no Samaín 2018



O alumnado de 4º da ESO foi o encargado da   decoración do vestíbulo do centro. Nesta   actividade colaboraron o departamento de     Tecnoloxía, Plástica, Orientación, e a Titoría de 4º da ESO. O alumnado de Tenoloxía  elaborou unha terrorífica noiva con sensores, que resultou unha atracción para todos. 


Durante 10 días o alumnado, e mesmo o profesorado do centro acudiron a un obradoiro de maquillaxe que organizaron o Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingüística nas horas de lecer. Este obradoiro materializouse o 31 de outubro, cando os asistentes ao curso de maquillaxe de terror puxeron en práctica as  habilidades adquiridas, caracterizando a todo o alumnado e a algún pobre profesor do centro.

A titora de 1º da ESO e o alumnado deste curso, realizaron unha presentación do Samaín no que se reflicte a súa orixe e evolución a través do tempo. Ademais o alumnado de 1º da ESO presentou uns relatos de terror que realizaron en Lingua Galega. O Departamento de Lingua Extranxeira tamén se sumou  deleitándonos cuns Poemas Góticos, que recitaron as alumnas de 4º da ESO, para todo o Instituto.




Pero non remataron aquí as actividades, xa que o alumnado de 4º da ESO organizou un Corredor do Terror na planta baixa do edificio novo do centro, que se decorou e que resultou do máis divertido e terrorífico. Os actores deste corredor foron os propios alumnos de 4º da ESO e profesores caracterizados de diferentes persoaxes de terror. A decoración incluía efectos especiais de son, luz , fume, que ambientaron o centro coma se dunha film se tratase.

PARABÉNS a todos os participantes e colaboradores desta actividade, que fixeron deste día un Samaín moi especial.






Ningún comentario:

Publicar un comentario