Decoración de Nadal 2018 coa cesta do Alumnado de 4º da ESO |
NADAL 2018
O venres 21 de decenbro, comenzamos a celebración do Nadal despedindo o ano cos 12 lacasitos, como vimos facendo durante anos.
As campás soaron ás doce do mediodía no IES de Becerreá para despedir o ano, todos xuntos comimos os doce lacasitos, degustamos doces elaborados polo alumnado de 4º da ESO, e tomamos chocolate quentiño.
O alunado de 2º de Bac de Tecnoloxía presentounos un vídeo de realización propia, que remataba cunha panxoliña, que eles mesmos programaron.
A continuación tivo lugar o tradicional Concerto de Nadal a cargo do alumnado de Música do centro, e como non podía ser doutro xeito polo grupo musical "Obertura Galega", formado por alumnado e profesorado do IES de Becerreá. O alumnado de 1º da ESO de Lingua Galega presentou uns Contos de Nadal creados por eles, ademáis de facer uns vídeos presentación sobre o Apalpador.
Para rematar recibimos a visita do mesmo Apalpador co seu burro, que chegou polos Ancares para deixar agasallos para todos, O Rei Baltasar tamén se colou para axudar cos presentes no noso entrañabel e divertido Nadal.
A CONTINUACIÓN PODES VER OS VÍDEOS DO NADAL 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario