luns, 11 de febreiro de 2019


Cartel da  exposición relizado polo alumno Diego Méndez Gerbolés.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA “ANTANO E HOXE, A VIAXE DE WALTER EBELING"











O alumnado de 3º da ESO presentou a exposición de fotos titulada “O que somos o que fomos: A viaxe de Ebelyng”. 
Esta é a segunda edición desta exposición. O pasado ano co motivo do Día da Ciencia en Galego o alumnado de 1º de BAC participou no concurso Novacarta, que consistía en realizar fotografías xeolocalizadas para subilas nun mapa adicado a Domingo Fontán. O éxito que tivo os seu traballo fotográfrico, onde compararon a mesma foto antiga ca mesma foto actual, conduciu a realizar unha exposición fotográfica, que foi unha homenaxe á Vila de Becerrea. Aquelas fotos antigas procedían do arquivo do Concello, conseguidas de coleccións particulares de distintas familias. Este ano presentámosvos unha nova edición titulada; "A viaxe de Ebeling".
Ebeling, etnógrafo alemán, que veu facer fotos de Galicia entre os anos 1928 – 1933 sacou imaxes espontáneas de toda a montaña de lucense. Galicia era xa daquela un país onde se conservaban os costumes e a forma de vida propia, os alemáns valoraban esta riqueza e quixeron conservala a traves destas fotografías. Coa segunda guerra mundial levaron os arquivos a Buenos Aires para protexelos, foron atopados recientemente. A Deputación de Lugo publicou un libro cunha selección destas fotos titulada “A Terra e os homes”.
Esperamos seguir facendo esta exposición en anos vindeiros para coñecer mellor o que fomos e valorar o que somos.


                                                        PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS


Exposición no vestíbulo do centro do IES de Becerreá.


Alumnado responsable do traballo fotográfico e de presentación.

Invitámosvos a tod@s a visitar a nosa exposición, no IES de Becerreá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario