O pasado 28 de setembro, o alumnado de
1º de BAC do IES de Bececerreá participou no obradoiro de poesía desenvolto pola Fundación Uxío Novoneyra
Organizado pola Fundación Uxío Novoneyra, e impulsado pola Xunta de Galicia dentro da programación “O teu Xacobeo”, as lecturas e obradoiro que o alumnado tivo a oportunidade de descubrir tiveron como fonte de inspiración as rotas descritas no libro Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago, último poemario de Uxío Novoneyra.
A Fundación Uxío
Novoneyra desenvolve de xeito anual a convocatoria de residencias poéticas
itinerantes no Camiño de Santiago «Ámeto Mítico», un proxecto que
forma parte da programación
«Ámeto Mítico» ten
como obxectivo actualizar e dialogar co legado da poesía trobadoresca
galego-portuguesa, caracterizada polo influxo da lírica provenzal e
doutras influencias que, coma a poesía sufí, chegaron a terras de Galicia polos
camiños de peregrinación xacobea. Toma como inspiración as rotas descritas
no libro Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago, último poemario de Uxío
Novoneyra, quen foi tamén un recoñecido actualizador da poesía trobadoresca.
«Ámeto Mítico» foi precisamente o nome co que o poeta nomeou este volume
elixido para pechar a súa obra.
Estas residencias
internacionais de escrita buscan achegármonos a ese «ámeto mítico» que imaxinou
Novoneyra. Con elas a Fundación quere contribuir recuperar a temática xacobea
para a poesía actual ao tempo que convidar ao recoñecemento entre a mocidade do
Camiño de Santiago, primeiro Itinerario Cultural Europeo.
«Ámeto Mítico» reactiva este legado. Acompaña a poetas interesadas/os na experiencia da peregrinación co obxectivo de divulgar o Camiño como espazo mítico sobre o que continuar a escribir poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario