Estrea do documental "LAR" no IES de Becerreá para alumnado e profesorado do centro
O IES de Becerreá acolleu a estrea do traballo auduovisual realizado pola Asociación Galega do Cambio Social
Lar é un
documental social co obxectivo de previr a discriminación por motivos de idade.
Foi rodado nos concellos galegos de Becerreá (Lugo) e Zas (A Coruña) e está
protagonizado por tres avós e os seu netos. Nel pódense ver as súas historias
de vida e cómo o vínculo existente entre eles fixo que tiveran unha vida
mellor. O rural galego, os vínculos familiares e o paso do tempo son os tres
eixes sobre os que vertebra. Pasado, presente e futuro, o lar é o lugar ao que
sempre queremos volver. Este é un documental de Agareso financiado por a
Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, dentro da convocatoria de
axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter
social con cargo á asignación tributaria do IRPF. Está protagonizado por: Adrián Otero e Ovidio
Otero, Claudia Lema e Balbina Rial, Laura Núñez alumna do IES de Becerreá e José Núñez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario