O Deparatamento de Economía do IES de Becerreá celebra o Día da muller emprendedora, cunha charla coloquio no Salón de Actos do centro
O pasado 19 de novembro foi o día da muller emprendedora e, desde o IES de
Becerreá, quixemos conmemorar esta data da mellor forma posible: dándolle
voz a dúas mulleres moi relacionadas co
emprendemento na comarca: Fe Álvarez e Yolanda Gómez. Ambas se achegaron ao
instituto este luns para contarlle ao alumnado de Economía de 4° da ESO, 1° e
2° de BAC as súas experiencias no rural. Tamén o animaron a ver o emprendemento
coma unha opción de futuro.
Fe Álvarez é enxeñeira forestal e a actual xerente do GDR da montaña de
Lugo. Ela contounos todos os apoios facilidades que se brindan para emprender
desde o seu traballo, a través das
axudas Leader. Explicounos como funcionan e quen pode acollerse a elas, amais
de mostrarnos exemplos de proxectos de éxito que saíron adiante grazas ás
mesmas.
Pola súa parte, Yolanda Gómez, tamén enxeñeira forestal, compaxina o traballo como técnico forestal coa xestión dunha granxa caprina que puxo en marcha en Becerreá xunto co seu marido. Explicounos como lle xurdiu a idea e de que xeito foi medrando e dando paso a outros proxectos colaborativos.
As nosas dúas invitadas remataron falándonos das vantaxes e inconvenientes
que ten dirixir unha empresa propia e, ademais, puxeron en valor o noso rural e
todas as oportunidades de negocio que se poden levar a cabo dende el.
Ademais dous alumnos representantes do alumnado de Economía de 1º de BAC tiveron a oportunidade e entrevistar a estas dúas mulleres emprendedoras, para coñecer de primeira man e con detalle a súa experiencia. O resultado desta entrevista publicarase na revista do centro.
O noso máis sincero agradecemento a Fe e Yolanda pola súa colaboración desinteresada co centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario