MARÍA REIMÓNDEZ NO IES DE BECERREÁ
Este
venres 24 de maio, a escritora María Reimóndez compartiu co alumnado de 2º e 3º
da ESO do noso instituto unha hora de confidencias arredor da súa obra, do seu
constante activismo e, como non, das súas orixes en Becerreá e como o noso
concello aparece reflectido na súa obra.
Tamén ten publicados numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil. No ano 2005 quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Usha , personaxe ao que retornou con Volvo! O regreso de Usha. Ademais, publicou seis libros infantís sobre as comarcas galegas en Editorial Everest, Lía e as zapatillas de deporte -Premio Frei Martín Sarmiento 2010- e O Monstro das palabras . Para o público infantil publica tamén O xeito das froitas. Premio Frei Martín Sarmiento 2019 e A formiga destemida. En 2017 publica Corredora , dirixida ao público xuvenil e gaña o I Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade por Fóra do normal.