BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do IES DE BECERREÁ "A REBOLA"
domingo, 2 de marzo de 2025
DÍA DE ROSALÍA 2025 NO IES DE BECERREÁ
DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA 2025 NO IES DE BECERREÁ
O 11 DE FEBREIRO CONMEMORAMOS O DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA CON DIFERENTES TRABALLOS
Con motivo deste día, no que se pretende poñer en valor a traxectoria de mulleres no ámbito científico, o alumnado do noso centro realizou unhas actividades en diferentes materias. É unha oportunidade de que vexan exemplos a seguir e de que se fomente o ambiente de igualdade no que se valora o talento e as contribucións sen importar o xénero.
Coa colaboración das materias Física e Química de 2º da ESO, de Bioloxía de 2º da ESO, de Cultura Científica de 1º de BAC, de Grego de 1º de BAC, e de Música de 4º da ESO, os alumnos e alumnas buscaron información sobre mulleres na tecnoloxía, matemáticas, química, astronomía e outras áreas STEM, da actualidade e da historia antiga. Así, foron capaces de recoñecer o esforzo e os méritos destas científicas investigando o seu percorrido, descubrimentos e aportacións que, sen dúbida, contribuíron ó progreso e á consecución da igualdade entre homes e mulleres.
Con estes traballos os estudantes motiváronse puideron inspirarse para escoller no futuro carreiras científicas, nas que as mulleres son candidatas perfectamente capaces.
Portada dun dos traballos realizados polo alumnado de Cultura Científica
Para ver estes traballos, preme aquí!