domingo, 16 de xuño de 2019


Oliver Laxe premiado na VI Edición do Premio á Lingua e Cultura Galega na comarca dos Ancares do IES de Becerreá


Oliver Laxe recollendo "A Rebola", premio da VI Edición á Lingua e Cultura Galega na comarca dos Ancares.

O cineasta parisino de orixe galego, foi galardoado pola súa significativa aportación á normalización da nosa lingua


O 14 de xuño , tivo lugar no IES de Becerreá a entrega da “VI Edición do Premio á Lingua e Cultura Galega na comarca dos Ancares”. Outorgado a Oliver Laxe pola súa labor á promoción do galego, grazas á súa película “O que Arde” rodada nos Ancares, en galego.
Esta edición resulta especial por ter moito de mediática, sendo isto para o galego un feito importante. A proxección internacional da nosa lingua grazas á rodaxe en galego desta película, supón asentala coma lingua universal. Para o Equipo de Dinamización Lingüística, o compromiso pola lingua e a cultura na nosa comarca, é unha obriga para todo o relacionado co ser galego.
 Ao acto acudiron Pilar Teijeiro, coordinadora dos Equipos de EDL de Lugo, Claudio Vázquez, Tenente de Alcalde de Becerreá, a Comisión organizadora do Premio, a comunidade educativa, veciños da comarca e diferentes medios de comunicación, que se fixeron eco da noticia ese mesmo día.
Oliver Laxe puxo en valor o enraizamento que os habitantes da comarca dos Ancares posúen, unha fortuna que de seguro non somos conscientes, e que é incalculable dado a falta de referentes e valores na sociedade actual. Para Oliver a xente da montaña mestura dureza e dulzura, xente traballadora, que ten o esforzo e o traballo inoculado. Aconsellou ao alumnado a que escollan o “camín difícil”, xa que segundo Laxe, os mellores froitos dunha árbore están no lugar de maior dificultade, e unha vez chegas a eles a vista dende arriba é abraiante. O cineasta síntese nunha cruzada na que nos espera “no camín do futuro”, para Oliver Os Ancares son un paraíso ao que hai que voltar, xa que nel se atópa o futuro, co que temos un compromiso de vida.


 VÍDEO DO ACTO



VI PREMIO DO IES BECERREÁ NA TVE




O artesán local Inazio Abrao, foi o encargado de realizar esta "Rebola" construida con  madeira de castiñeiro. Inazio Abrao utiliza para as súas obras madeiras e materiais locais.






Foron moitas as persoas implicadas neste premio tan especial, o alumnado de Lingua Galega do IES de Becerreá participou neste acto, recitando a coro poemas de Toño Núñez, escritor nado en Navia de Suarna. O alumnado da "Escola de Prensa O Progreso" non quixo perder a oportunidade de entrevistar a Laxe, quen en todo momento se amosou cercano, entrañable, encantado de falar cos rapaces, e incluso de facerse fotos con eles.

Alumnado de Lingua Galega recitando.
Jose Lexo e Tamara Simón entrevistando a Oliver.

  










PREME AQUÍ PARA VER COMO SE RECOLLEU A ENTREGA DO PREMIO NA PRENSA


GRAZAS A OLIVER LAXE POLO SEU COMPROMISO COA LINGUA E A COMARCA, E POLA SÚA PRESENZA NO NOSO CENTRO



mércores, 12 de xuño de 2019

O IES de Becerreá premiado na Terceira edición da "Escola de Prensa O Progreso"

O alumnado de 4º da ESO do IES de Becerreá acadou o terceiro posto deste concurso de xornalismo

Alumnado de 4º da ESO participante na "Escola de Prensa O Progreso".


Por terceiro ano consecutivo o alumnado participante na Escola de Prensa do Progreso triunfa acadando catro premios,  concedidos ao mellor reportaxe fotográfico, mellor artigo de información, mellor reportaxe e a mellor entrevista. Os premiados acudirán á redacción do Progreso para recoller os trofeos o vindeiro martes 18 ás 18:00 horas.
Utilizar a nosa lingua, o galego no ámbito xornalístico é sen dúbida o obxectivo principal deste proxeto. Achegar a figura do xornalista ao ámbito educativo e, máis concretamente, ás aulas, analizando a súa función social e as dificultades e retos do seu traballo, forma parte da aprendizaxe do alumnado da escola de prensa. Coñecer os diferentes estilos xornalísticos, mellorar a capacidade de comprensión das mensaxes da linguaxe xornalística, analizando a función dos diferentes recursos utilizados nos mesmos, ou desenvolver no alumnado a capacidade crítica con respecto ás mensaxes dos medios de comunicación, para que aprenda a contrastar as informacións e opinións vertidas nos mesmos, son varios dos obxectivos deste proxecto. 
O enfoque do noso xornal  “O Progreso dos Ancares", sería facer artigos que nos axuden a coñecer mellor a actualidade da nosa contorna, así como o seu estado de cousas, sinalando as vantaxes específicas do xornal en relación con outros medios de comunicación. 
Para o profesorado é un recurso didáctico que proporciona un contexto de actualidade á tarefa educativa, aportando pautas para "ensinar a aprender", e achegarse ás novas tecnoloxías tanto na procura de información, coma na utilización de programas de maquetación.
O cambio climático, a violencia no deporte, o edificio do Concello de Becerreá, etc,  foron algúns dos temas escollidos polo alumnado, que fixo uso de distintos estilos xornalísticos coma reportaxe, opinión, información, reportaxe grafico, crónica e entrevista.

PARABÉNS PARA OS PARTICIPANTES