xoves, 19 de decembro de 2013

martes, 17 de decembro de 2013

CONCURSO INTERNACIONAL DE ESCRITORES LUSÓFONOS INFANTO-JUVENIS "LA ATREVIDA"

http://laatrevidaconcurso.blogspot.com.es/

Atención ao concurso  internacinal de escitores lusófonos  "La atrevida". Deixamovos enlace coma sempre para vosa información. Lembrade que vai dirixido a escitores de entre 8-14 años.

luns, 16 de decembro de 2013

martes, 10 de decembro de 2013

LENDA DE SAA


 Martín Núñez Vázquez: A lenda de SAA

Érase unha vez u rapaz moi presumido que sempre andaba detrás das rapazas guapas.

Un día, levou o gandoao monte de Saa,alé apareceulle unha rapariga moi fermosa ela facíalle sinais para que a seguise, el. sen dudalo botou a correr detrás da rapaza. Correu e correu ata chegar a un pozo moi fondo, a rapaza tirouse, e berroulle para que el se tirase, e alí foi, o rapaz morreu alí afogado, e a rapaza que non era tal quitou o seu disfraz e resultou que era un trasgo

A TORRE DE DONCOS

María Fiallega publica a súa lenda "A TORRE DE DONCOS"


A torre de Doncos tamén  é coñecida como Castelo da Anca . Pola lenda seguinte :

 

Durante a Reconquista , un dos  13 cabaleiros  que estaban para  defender os peregrinos  que ían   a Santiago  de Compostela , viu como unha parella de cristiáns era atacada por un grupo de sarracenos e como un deles tomaba prisioneira á muller , e con ela montada na anca do seu cabalo tentou fuxir .

Pero cando o sarraceno xa ía ser atrapado polos cabaleiros , desenvainou a súa alfaxe e dun tallo desgazou á moza para que ninguén gozase da súa  beleza , quedando o seu cabalo branco tinguido  de sangue .

Outra  lenda di : que cando  habitaban no castelo os mouros  unha moza que coidaba  dos porcos a carón do río Navia desapareceu todo  o pobo a buscaba ; chamando por :ISABELIÑA!!!!!!!!!!!  ISABELIÑA!!!!! O que os mouros contestaron : ISABELIÑA ,ISABELÓN DERRETIDA EN ACEITÓN .E nunca máis apareceu.

A MULLER-LOBO

UNHA MOI BOA: A MULLER-LOBO, de Paula Álvarez García


Había hai moitos anos en Castela, un pai que tiña moitas fillas, unha das cales comía moita carne, canta máis lle daban máis comía. E un día o pai díxolle: -Inda vaias comer carne cos lobos o monte. Foi palabra maldita, xa que aquela mesma noite desapareceu sen saberse que fora dela. Segundo se soubo despos fuxíu da casa paterna e envorcallouse na area, volvéndose unha fada que unhas veces andaba de lobo e outras de muller. Foi desandando desandando ata que chegou ó Cebreiro e ás canellas de Agras de Tosende. Por estes montes andou moito tempo de capitana dos lobos, causando estragos na facendo e na xente (isto cando estaba transformada en lobo). O paradoiro era no monte do Cebreiro. Cando estaba de muller acendía o lume e xuntábanse os lobos de arredor dela, e non lles deixaba facer mal ningún a ninguén.

E unha vez que viñan os do Sal de Portugal, cando o sal estaba estancado, os lobos quixéronse botar a eles para os comer e ela detívoos decíndolles:

-Quietos, deixádeos pasar.

Así andou moito tempo ata que lle levantaron a fada. Adoitaba ela ir comer fariña a un muíño e unha vez cadroulle de estar o amo dentro e quíxose meter por baixo da porta coma sempre, e ó meter unha pata, viuna o muiñeiro e cunha navalla quíxolle cortar unha perna e ó empezar a cortar, foi e meteu un berro, volvéndose unha muller.

Así que se viu muller, tratou de ir para a súa casa preguntando de pobo en pobo ata atopala, tratándoa con moito agarimo seus irmáns e seu pai.

Para o verán foron os de Tosende á sega a Castela e foron segar á vasa da tal, entón esta preguntoulle de onde eran e eles dixéronlle que de Tosende e de Aguis:

-Pois esas terras coñézollas eu ben e coñezo o Cebreiro e as canellas de Agra, pois tiven que andar por alí de fada e fixen moitos estragos por ningún tiven tanta pena como por un rapaz que comín, eu estábao despedazando e el rindo cara mín.

Ó oír esto os segadores colleron tal medo que deron volta correndo para a súa terra,  mal feito pois a fada volveu detrás deles, acabando co benestar que producira a súa desaparición.

O Santo Milagre do Cebreiro

Outra lenda de Marcos Montaña: O Santo Milagre do Cebreiro



Conta a lenda que no Cebreiro vivía un crego que non tiña moita fe no sacramento da Eucaristía.

Había un veciño da parroquia que vivía a unha media legua do Cebreiro e era tan devoto que por ninguna cousa, nin aínda polas tormentas e nevadas máis fortes, deixaba de chegarse alí para oír a misa.

Un domingo de inverno, día de grandes ventos e nevadas, estaba o crego celebrando a misa sen ningún feligrés polo mal tempo que facía. Tiña xa consagrada a hostia e o cáliz, cando oíu que algén entraba na igrexa. O crego mirou con sorpresa ao devoto feligrés e pensou:                                                      

-Pobre home, vir con este tempo desde tan lonxe só para postrarse ante un pouco de pan e viño!

Pero nese intre, o crego sentiu un estremecemento, e viu como o pan se convertía en carne e o viño do cáliz en sangue. Caeu de xeonllos ao pé do altar e desplomouse morto.

As reliquias deste milagre consérvanse en dúas ampolas de vidrio e prata na igrexa do Cebreiro.

As pontes de Gatín

AS PONTES DE GATÍN: Gabriela Rodríguez Díaz


 

Hai moito tempo vivía na beira esquerda do río Navia un mozo que era noivo dunha moza que vivía na beira dereita.O mozo tiña que cruzar todos os días o río nunha pequeña barca para ir ver á súa noiva,e volver cruzalo outra vez para regresar á súa aldea

Un día de moita enchenta, cando o mozo ía remando polo río, apareceu o demo e díxolle:

-Eu podería facer unha ponte nunha soa noite.

 O mozo seguiu remando e non lle fixo caso.

-Non terías que pasar máis traballos para cruzar o río .A cambio só terás que darme o primeiro ser vivo que naza na casa despois da túa voda.

Como aquilo parecía imposible, o home aceptou o pacto co  demo.Á mañá seguinte apareceu feita unha ponte.O mozo e a moza casaron, e non se acordaron do demo ata que a moza quedou preñada.Que  disgusto había! Segundo o pacto co demo, o  que nacera primeiro era del!

Pero como  o demo  fai e Deus desfai ,naceu unha camada de gatos.O home meteu un nun saco,  levoullo e díxolle:

-Veño cumprir o pacto, este é o ser vivo que naceu primeiro.

Abriu o saco e saíu del un gatín pequeño, que ao ver o feo que era o demo, asustouse e saíu correndo.

O tesouro da capela de San Lourenzo

Esta é a primeira lenda " O tesouro de San Lorenzo" de: Javier  Cadenas  Díaz.


Aló polo ano 1900 andaban uns homes da Lagúa, entre eles o señor Manuel de Lombardía, cavando no monte de Penamaior. Cando chovía ían abrigarse a capela de San Lourenzo de Degolada, no concello de Baleira (Lugo), que estaba alí cerca. Un día o señor Manuel petou coa aixada na soleira da porta da capela e como resoara moito, díxolles aos compañeiros que alí debaixo debía haber un tesouro e que ía arrincar a soleira. Os outros non lle deixaron arrincala porque tiveron medo a que os castigase San Lourenzo. Ao outro día pasou por Campo de Árbol un señor francés nun cabalo branco, e pregutoulles a uns nenos pequenos que estaban coas ovellas, pola capela de San Lourenzo, dicindo que tiña que ir alí cumprir unha ofrenda. Deulles unhas perras aos nenos para que fosen ao Cereixal comprar unha bola. Mentres os pequenos foron polo pan, foise él, e arrincou a soleira da porta da capela, de alí sacou un barril cheo de ouro.

Cando os homes da Lagúa foron ao outro día polas aixadas, que as deixaran dentro da capela, encontraron a soleira levantada, e por alí tiradas as táboas do barril. Aquel día non cavaron nada pensando que tiveran o tesouro na man e que o deixaron escapar tontamente por medo ao San Lourenzo.

 

-FIN-

LENDAS

Aquí comezamos coa publicación dun dos interesantes traballos que se están a desenvolver no noso centro. Os alumnos de 1º e 2º de ESO están  a rescoller lendas e historias que pouco a pouco imos a dar a coñecer a través deste blog. Máis adiante, cando xa teñamos o traballo completo, presentarémolo nun só formato para que o poidades ler en bloque. De momento imos colgando os seus preciosos traballos.