POEMAS DE AMOR EN OUTONO
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgFfVkarQPNRC3xfLWaGPiCo3JPnJ9RyFHAYPO_icuDxJlwUQHjzTOwSKmQ5W8EqMVUcsO0e-XtK4kS9SDRkTYnpOCYpOBkOK0Ubq_btVSPdaEWEmRkco6sWTxOPtaqb7hcEtuaYwLn0mbx/s200/cuberta-poemas-de-amor.jpg)
Toño Núñez, escritor e mestre, xunto con Alfredo G. Vilela, presentan no IES de Becerreá "Poemas de Amor en Outono"
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjbC1i4y3mgtzXqFG82jMSQJ18Hg9z5oCXxwVIhECVeTN6AcNQUYi5YFhEqKhSOKFNHnnEHd9uW2xeH81z3PPVTHS09Kj_uyVRllDa9SzRtBwd9e13Nxd4HNzGWCHoq5nA4Zs_Ohs6XFvR_/s200/Cartel+Poemas+To%25C3%25B1ojpg.jpg) |
Cartaz do acto |
Nado en Navia de Suarna, e acompañado polo músico e veciño de Becerreá Alfredo G Vilela, presentounos seu libro " Poemas de Amor en Outono". Toño e Alfredo acudiron ao centro, na tarde do xoves para amosarnos esta obra poética chea de amor á terra, á fala, ó sangue e á amizade, dunha forma persoal e íntima onde a música e a poesía se fundiron nun acto, que nos adentrou na nosa querida terra.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOyP0ispffo54-pj2Y9QkuvJNBF6WQxUuNGxCf8ofCcxFQLE1wtjmFhYfBTrmM30mzNFbQnSsTYYgDBFZIkxA6y3fLb0etOySds9JhkDmdiKFduprSK0Sutx4MnUkVMo0uZ35N5dBZdstD/s320/Alumnado+afondamento+ACTO+TO%25C3%2591O.jpg) |
Alumnado Afondamento de Lingua Galega 1º de BAC
|
O alumnado de Afondamento en Lingua Galega de 1º de BAC presentou o acto ao que acudiu todo o alumnado do centro, pais, nais, e algún veciño da Vila de Becerreá. Os presentadores fixeron un acercamento á vida e obra deste escritor e mestre da nosa comarca, que sen dúbida nos fai sentir orgullosos da nosa identidade.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjZgw8pApQcWPIV40KTmTCVEjxhkzIlV10iyG3AI-H-FXY7-PmSOwFwjTtDbR21xtXcoF1IqVpSaZ1w5tHY3Mt3WQdbMsl3zrczwtfJi5teXuXPc5CGj1LVFj-IRHg-MKe_uJmm7cYFYqZJ/s320/ALFREDO+E+TO%25C3%2591O.jpg) |
Toño Núñez e Alfredo G. Vilela
PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS DO ACTO
|