martes, 24 de xuño de 2025

ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA DO USO DO GALEGO

 O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA LEVA A CABO A ENQUISA ANUAL DO USO DAS LINGUAS, ESTA VEZ NO ÁMBITO FAMILIAR


Os datos amosan un panorama maioritariamente galegofalante no ámbito familiar, con diferentes graos de uso e conciencia lingüística: por unha banda hai unha percepción crítica que anima á súa maior presenza e prestixio; por outra banda, para unha parte dos enquisados, os prexuízos non desaparecen e a situación de diglosia mantense (o castelán segue a ser percibido como lingua A, a de prestixio). A perda da transmisión xeración estase a acelerar (30 puntos porcentuais de avoas/avós a netas/os).

Para ver os resultados da enquisa e as conclusións ás que chegamos, preme AQUÍ


(Extracto dunha das preguntas da enquisa)

ENTREVISTA INTERXERACIONAL ÓS AVÓS E AVOAS

Entrevista a Manuel Fernández, José Ramón Uría e Berta Vuelta

As Curuxas da Rebola entrevistan ós seus maiores, que nos relatan as experiencias da súa mocidade nas feiras e nas festas. A través desta actividade, preténdese difundir as vivencias dun tempo pasado, convidando así a reflexionar sobre os cambios que tiveron lugar e o estilo de vida de cada xeración. Quizais, ó que agora os netos e netas lle dan importancia antes nin se pensaba, e o que antes era verdadeiramente relevante hoxe concíbese de diferente maneira.  

Premendo aquí pódense ler as entrevistas completas.