venres, 31 de xaneiro de 2014

CERTAME LITERARIO IES DE BECERREÁ

Poderán participar todo o alumnado matriculado no IES DE BECERREÁ durante o curso 2013/2014
Establécense dúas modalidades: Relato e Poesía
O tema será libre. Valorarase especialmente calquera referencia sobre a figura de Rosalía de Castro ou da súa obra literaria
Cada participante poderá concursar con máis dunha obra se así o desexa.
Establécense dúas categorías de participación:
  NIVEL A) 1º-2º-3º ESO. A ESCOLLER ENTRE RELATO OU POESÍA
  NIVEL B) 4º ESO- 1ºBAC-2ºBAC. A ESCOLLER ENTRE RELATO OU POESÍA
Os traballos deberán ser inéditos e orixinais. Calquera plaxio ou sospeita de plaxio acreditada, invalida a obra presentada


Presentación:
1) En Lingua Galega e preferentemente a ordenador.
2) Os traballos  estarán asinados con pseudónimo ou lema. Presentaranse dentro dun sobre pechado, no que tamén debe incluírse un sobre cunha folla de datos do autor ou autora así como o nivel ao que pertence.
3) A entrega das obras  realizarase na biblioteca durante o tempo de lecer de recreo. A biblioteca conta con material necesario para facilitar aos autores/as a presentación dos seus traballos.
4) DATA LÍMITE PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS: 19 FEBREIRO
5) O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar os premios desertos se así o considera oportuno.
6) O XURADO estará formado por profesorado do centro IES DE BECERREÁ
7) A data do fallo do tribunal será o día 24 de febreiro, coincidindo cos actos conmemorativos no centro  á figura de Rosalía de Castro.

Premios:

EN CADA CATEGORÍA HABERÁ UN PRIMEIRO E UN SEGUNDO PREMIO