martes, 12 de febreiro de 2019


O Filólogo Francisco Dubert, visitou o IES de Becerreá para dar unha conferencia sobre as "Linguas en contacto"



Francisco Dubert.

Francisco Dubert García é profesor titular do Departamento de Filología Galega da Universidade de Santiago Compostela dende o ano 2000 entrou como becario no ILG no ano 1989 para colaborar na edición do Atlas Lingüístico Galego (Alga). A súa  vinculación ao Alga supuxo que empezase a interesarse polo estudo da variación lingüística en xeral e da dialectoloxía do galego en particular. Doctorouse en 1998 cunha tese sobre o galego falado no concello de Santiago. Traballa tamén na descrición da fonoloxía e da morfoloxía flexiva da lingua galega, tanto dende a perspectiva sincrónica como da diacrónica, pero tomando sempre como referencia os fenómenos de variación dialectal.




Francisco Dubert presentando "Linguas en Contacto" no Salón de actos do IES de Becerreá.

Segundo Francisco Dubert,  na escola ensináronnos a identificar unidade política europea con idioma nacional (“para España o español, para Italia o italiano, para Francia o francés, etc.”), o multilingüismo segue a ser unha realidade pouco explorada, considerado como un problema que precisa solución en lugar dunha riqueza da que gabarse. Pero o monolingüismo non é a realidade normal, nin sequera é unha realidade desexable,inevitable ou suficiente. Fóra dese reducionismo escolar, na maioría das rexións do mundo os individuos desenvolven as súas vidas mediante o uso de varias linguas. Estados aparentemente monolingües como Australia ou Estados Unidos son na práctica plurilingües na oralidade: Crese que existen máis de 250 linguas aboríxenes de Australia no momento do primeiro contacto europeo, das cales menos de 20 seguen sendo de uso diario para todos os grupos de idade.

As contas saen de xeito ben doado: temos unhas seis mil linguas e uns douscentos cincuenta estados ou territorios independentes; xa que logo, as linguas están en contacto, teñen que solaparse, compartir territorios e mesmo instalarse á vez nas mentes dos individuos. E o reparto non é equitativo e resiste a calquera análise simplificadora. De entrada hai linguas que gozan de excelente estado de saúde. (...) No outro extremo, a maior parte das linguas da humanidade subsisten en precario: sen posibilidade de acceder aos grandes modelos de prestixio simbólico, sen presenza efectiva nos medios de comunicación, na ciencia ou na arte, as máis das veces mesmo sen existencia por escrito. 

Esta situación dá pé a que haxa numerosas interferencias entre as linguas en contacto. Xa que logo é frecuente usar en castelán galeguismos como lo que, no doy hecho, e esmagar ou en galego colocar mal o pronome ou usar tempos compostos. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario