A FORZA DO DEBATE: APRENDIZAXE E DIÁLOGO NA AULA
O pasado venres día 4, na materia de Cultura Científica de 1º de BAC, tivo lugar un intenso debate no que se argumentaba, por grupos, a favor ou en contra das vacinas. Certamente, é un tema de moita actualidade, co que todos estamos familiarizados tras vivir un periodo de confinamento debido ó COVID-19 máis ou menos recente.
Os alumnos e alumnas de Cultura Científica seguiron a estrutura básica dun debate (introdución, refutacións e conclusión), por equipos, baseando as súas ideas en argumentos sólidos que se esforzaron en indagar, seleccionar e complementar con gráficas, imaxes e textos. Un traballo que tomaron moi en serio.
Os debates na clase son unha ferramenta fundamental para fomentar o pensamento crítico e a capacidade de argumentación. O alumnado, así, aprende a expresar as súas ideas apoiándose en datos obxectivos, e tamén a escoitar e a respectar as opinións dos demais.
Neste caso, ademais, todo o alumnado empregou a nosa lingua para desenvolver a actividade, mesmo alumnado que non é galegofalante. Esta iniciativa tamén contribúe á súa normalización e visibilidade, demostrando que o galego é unha lingua viva e útil para todos os ámbitos.
Na liña do compromiso do noso centro para promover o uso do galego en todos os espazo atópanse este tipo de actividades: debater, reflexionar, dialogar e intercambiar ideas.
Un exercicio fantástico o que os estudantes aprenderon, de seguro, moitísimo sobre o tema!
Ningún comentario:
Publicar un comentario