AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES
EN VARIAS LINGUAS
Na xornada do 27 de febreiro, despois dunha semana dedicada a traballar co famoso poema de Rosalía de Castro, Airiños airiños aires, contido en Cantares Gallegos, reunímonos todos na entrada principal do edificio para homenaxeala. Primeiro, tivo lugar a lectura dun manifesto no que homenaxeamos á autora, e a continuación varios alumnos e alumnas recitaron o poema en diferentes linguas, que eles mesmos traduciron coa axuda do profesorado. Os traballos expuxéronse durante toda a semana, e recolleranse a final de curso na revista A Rebola.
Aquí o vídeo da actividade