sábado, 26 de maio de 2018

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2018

CON GRAN IMPLICACIÓN DE TODO O CENTRO CELEBRAMOS ESTE ACTO AO REDOR DAS NOSAS LETRAS E A  NOSA LINGUA  COORDINADO POLO EDL 


Exposición María Victoria Mosreno de EDL

Cada ano no IES de Becerreá o Día das letras Galegas convócamos a esta cita na que facemos a nosa homenaxe  non só á personalidade de cada ano, senón tamén ás nosas letras e á nosa lingua en xeral. Con música, arte e por suposto  literatura.








Exposición concurso de Tapas


O alumnado de Afondamento de Lingua Galega conduciu o acto que comenzou coa entrega de premios de dous concursos, un dende o  Departamento de Plástica "Concurso de Tapas", e outro concurso organizado pola Biblioteca "Certame literario" no que participaron o alumnado de 1º e 2º da ESO de Lingua Galega.




A continuación o Alumnado de Afondamento de Lingua Galega realizou unha presentación sobre a vida e a obra da escritora elixida pola RAG, María Victoria Moreno, unha galega fóra de Galicia, quen naceu para a galeguidade en Lugo durante os dous cursos nos que impartiu clases na nosa capital. Aquí agromou o seu grande amor pola fala.



                                                                                        Alumnado de Afondamento de Lingua Galega 1º de BAC

        
Grupo musical " Obertura Galega"
O Departamento de Música clausurou o acto  co "Concerto pola Lingua no que actuaron o grupo de música galega do centro "Obertura Galega", o alumnado de música de 1º de BAC ademais da actuación dos profesores do centro Ramón Gutierrez, Xesús Folgueira, Ignacio Cabarcos  e Luz Bermúdez que interpretaron "Lua de Prata" de Elexías de Luz de María Victoria Moreno.





AQUÍ podes ver algunhas fotos do acto, e este é o video con todas as actividades desenvoltas nesta xornada festiva no IES de Becerreá. Parabéns para tod@s

                                         Video do acto letras galega 2018 IES de Becerreá             
               






O ALUMNADO DE AFONDAMENTO DE LINGUA GALEGA FINALISTA NO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS DE MANUEL MARÍA 2018

O alumnado de Afondamento de Lingua Galega quedou clasificado para a final de Videopoemas de Manuel María, co seu video "Rosalía vive en nós". 




O pasado 19 de maio celebrouse na Casa Museo de Manuel maría a segunda edición deste concurso de videopoemas, na que participaron máis de 120 alumnas/os de distintas localidades galegas (Vigo, Becerreá, Lugo, Dodro, Verín, Castro Caldelas, Burela, Rianxo, Quiroga, Fene, Portas, Betanzos, Porriño, Narón e Bueu) e a súa finalidade é potenciar a creatividade artística a través da harmonía entre palabra e imaxe ademáis de difundir a obra de Rosalía e Manuel María.
O xurado salientou, “A alta calidade, a diversidade de temáticas presentadas e o feito da súa extensión polos distintos centros educativos do país, mostra da consolidación do concurso”.
Xiana Collazo Rial, do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, co videopoema “Lúa descolorida”, e Sara Casanova Martínez, do IES de Quiroga, co videopoema “Negra sombra”, foron as premiadas da II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María que organiza a Casa-Museo Manuel María. Os nosos parabéns para os gañadores e mostrar a nosa satisfacción e ilusión do traballo realizado polos alumnado do IES de Becerreá.
 Velaí o noso videopoema


NOVA VICTORIA DUN EQUIPO DE BECERREÁ NO PARLAMENTO XOVE 2018


Non por repetida, esta vitoria é menos celebrada (se é difícil gañar, máis complicado aínda é manterse). Cuarta vitoria consecutiva xa na categoría de Bacharelato para o IES de Becerreá, o que supón un récord que será imposible esquecer!
O equipo de 2º de Bac (Nerea, María, José Manuel e Silvia) impúxose na final ao Colexio SEK Atlántico (Poio, Pontevedra), coordinados por Xulio, mantendo a "tradición" de vencer neste torneo autonómico de debate. Nos cuartos de final, desenvoltos na xornada do venres 4 de maio, o equipo de 1º de Bac (Marcos, Paula, Xoel e Gabriela) quedaron apeados  da competición polo equipo do Colexio La Salle (Santiago), equipo este que se enfrontou ao de 2º de Bac nas semifinais. Esta eliminación causou sorpresa entre os nosos participantes e coordindadores, xa que as intervencións dos catro alumnos e alumnas de 1º foi excelente.
Por outra parte, Xoel e Silvia foron distinguidos entre os mellores oradores desta modalidade, distinción que só se otorga a cinco participantes.

NOVO ENCONTRO COMARCAL DE PING- PONG NO IES DE BECERREÁ

XORNADA DE CONVIVENCIA NA COMARCA DOS ANCARES EN ESTADO PURO ORGANIZADA NO IES DE BECERREÁ


Outra edición máis deste encontro, no que participou alumnado da ESO dos CPI de Navia, Cervantes, Caurel e Pedrafita, así como o alumnado de 3º da ESO do noso centro, encargado da organización e coordinación do torneo.
Co obxectivo de presentar a este alumnado unha experiencia de convivencia a través do tenis de mesa, un ano máis este alumnos e alumnas déronnos un exemplo de respecto mutuo e colaboración durante toda a xornada. Esta comezou co torneo individual, co alumnado repartido segundo tres niveis de xogo, establecéndose un vencedor por cada mesa (oito en total, nas que participaban oito ou dez xogadores e xagadoras). A continuación, desenvolveuse o torneo de dobres, para o que se establecen parellas que se forman nese momento, baixo a premisa de que deben estar compostas por alumnado de distintos centros. E como sempre, cando chega o remate da xornada queda esa sensación de que o tempo pasa demasiado rápido nalgunhas ocasións, e que esperar un ano para repetir este encontro parece demasiado longo. Grazas a tod@s e ata a próxima edición.



venres, 11 de maio de 2018


O IES DE BECERREÁ PARTICIPA NO CORRELINGUA 2018

"A lingua non para" foi o lema desta XVIII na que o centro participou ca súa pancarta.



O mércores día nove na Praza de Santa María de Lugo reuníronse estudantes de Primaria, Secundaria e Bachelerato para reivindicar un ano máis a importancia do galego. O alumnado de 4º da ESO do IES de Becerreá sumouse a esta iniciativa pola lingua, que se organiza en toda Galicia dende  hai xa 18 anos. Acudiron á Festa Final uns 3.000 rapaces de 56 centros educativos de toda a provincia, que  participaron nos actos da nova de edición Correlingua 2018.
O coordinador Manuel Muñiz destacou que a escola adoita ser en moitos casos a "única relación" dos estudantes coa súa lingua materna. O resto de autoridades apuntaron na mesma dirección e insistiron na importancia de eventos en prol da lingua. O Correlingua será igual en todos os puntos da xeografía galega. En Lugo os rapaces participaron nunha carreira pola muralla e leuse o manifesto “Rapea que a lingua non para”, escrito polos alumnos do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela. O grupo melidense Cuarta Xusta ofreceu un concerto para clausurar o acto. Ademais entregáronse os premios e agasallos a todos os participantes, incluidos o noso centro.



sábado, 5 de maio de 2018

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

O día 2 de maio no IES de Becerreá celebramos coa á  colaboración da Asociación  Cultural Abrente das Nogais a festividade dos Maios



Nunha tarde moi festiva todo alumnado do centro sumouse a esta actividade organizada polo EDL do IES de Becerreá, e na que tivemos a sorte de contar coa colaboración da  Asociación cultural  Abrente de As Nogais, á  que lle estamos profundamente agradecidos.



            















                                                 Actuación " ABRENTE"


Presentadores, Paula e Lexo co Maio David Copdrín


O alumnado de 3ª da ESO foi o encargado da Exposición no vestíbulo do instituto, na que se recolle información sobre a orixe e celebración desta festividade en toda Galicia. Pola tarde do alumnado de 1ª da ESO realizouse unha actuación na que se expoñía este mesmo tema, dando a coñecer a tipoloxía de celebración nas diferentes zonas de Galicia. Para completar este traballo a Asociación Cultural Abrente amosounos como se conmemora o ciclo de maio nas Nogais en representación da celebración  dos maios na Comarca dos Ancares. Tamén puidemos disfrutar dun concurso de puchos de flores, que resultou moi divertido, premiouse a orixinalidade e a gracia no posado.
Para rematar todo o alumnado e o profesorado de centro representaron cantando e bailando un  "MAIO MOZO" típico de Viveiro, para esta actividade compuxéronse letras adaptadas aos nomes das rúas da Vila de Becerreá. A idea era dar a coñecer esta tradición perdida en moitos lugares de Galicia, e recuperar esta festa na Comarca dos Ancares.



       Video da  celebración