O ALUMNADO DE AFONDAMENTO DE LINGUA GALEGA FINALISTA NO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS DE MANUEL MARÍA 2018
O alumnado de Afondamento de Lingua Galega quedou clasificado para a final de Videopoemas de Manuel María, co seu video "Rosalía vive en nós".
O
pasado 19 de maio celebrouse na Casa Museo de
Manuel maría a segunda edición deste concurso de videopoemas, na que participaron
máis de 120 alumnas/os de distintas localidades galegas (Vigo, Becerreá, Lugo,
Dodro, Verín, Castro Caldelas, Burela, Rianxo, Quiroga, Fene, Portas, Betanzos,
Porriño, Narón e Bueu) e a súa finalidade é potenciar a creatividade artística
a través da harmonía entre palabra e imaxe ademáis de difundir a obra de
Rosalía e Manuel María.
O
xurado salientou, “A alta calidade, a diversidade de temáticas presentadas e o
feito da súa extensión polos distintos centros educativos do país, mostra da
consolidación do concurso”.
Xiana
Collazo Rial, do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, co videopoema “Lúa
descolorida”, e Sara Casanova Martínez, do IES de Quiroga, co videopoema “Negra
sombra”, foron as premiadas da II edición do Concurso de videopoemas sobre
composicións poéticas de Rosalía e Manuel María que organiza a Casa-Museo
Manuel María. Os nosos parabéns para os gañadores e mostrar a nosa satisfacción
e ilusión do traballo realizado polos alumnado do IES de Becerreá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario