CHARLA SOBRE O EMPRENDEMENTO NOS ANCARES
Na tarde do pasado
luns, 4 de novembro, celebrouse no IES de Becerreá unhas “charlas sobre
experiencias de vida e emprendemento na comarca dos Ancares”, asistiron ó mesmo
algúns alumnos de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato.
Fe Álvarez. |
Fe Álvarez, Xerente do GDR AsociaciónMontes e Vales Orientais do PLAN LEADER na comarca dos Ancares (programa de desenvolvemento rural, que consta dunha serie de axudas enfocadas ao medio rural que intentan dar resposta ao abandono das zonas agrícolas en Europa), introduciu a charla, facendo unha descripción deste programa europeo animando ao alumnado a "quedar ,crear e emprender" na nosa comarca. Segundo Fe temos un gran potencial que compre desenrrolar, facendo fincapé na idea de que hai futuro nos Ancares.
Carmen Sánchez.ñ |
A primeira
intervención correu a cargo de Carmen Sánchez sobre o Plan LEADER (programa de
desenvolvemento rural, que consta dunha serie de axudas enfocadas ó medio rural
que intentan dar resposta ó abandono de las zonas agrícolas en Europa)
Expuxéronse varios
exemplos de proxectos levados a cabo na comarca. Neste caso, como era de
esperar, a maioría dos mesmos eran no sector primario (apicultura, viño...) e
terciario (relacionados co turismo) en moita menor medida do sector secundario.
Tamén se recalcou
que só se podían subvencionar unha pequena parte de todas as ideas que
solicitaban as axudas, que soen acadar ata o 50 % do investimento, de tal xeito
que era preciso facer unha selección dos mellores proxectos.
Un dos
inconvenientes destas axudas é que o emprendedor tarda moito tempo en recibilas
dende que se solicita, polo que era preciso contar con capital inicial
suficiente.
David López. |
A segunda
intervención correu a cargo de David López Ramos, enxeñeiro técnico forestal.
Resaltou as oportunidades que había no sector primario e concretamente no
forestal. A importancia da castaña na zona e como se estaban levando a cabo
estudios por parte da Xunta para catalogar as distintas variedades o que no
futuro podería xerar a necesidade de viveiros de planta nai.
Como as subvencións
da Xunta de ata o 100% do custo, para restaurar o patrimonio (cabazos,
pallozas....) crearon a necesidade de: palla de centeo, teitadores,
carpinteiros, etc
Lourdes Abuide. |
A terceira
participante foi Lourdes Abuide, antiga alumna do instituto e empresaria de
Navia de Suarna. Contou como detectou unha necesidade non satisfeita por
ninguén a través da festa da Androia da súa Vila. De tal xeito que se animou a
crear unha empresa de embutidos, que ten por produto estrela, precisamente este
embutido típico da súa zona. Foi un dos poucos exemplos de empresa do sector
secundario.
O último dos
exemplos foi o de casa Chaín, empresa pertencente ó sector terciario. Adicada a
eventos culturais e turismo rural, inspirada noutros proxectos levados a cabo
en Francia.
Finalmente na ronda
de preguntas, os alumnos amosaron especial interese en obter información sobre
a obtención de financiamento para as súas ideas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario